18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 2pm

Teatro

Chega a Vigo "Xardín suspenso"

A obra dirixida por Cándido Pazó constitúe a última produción do Centro Dramático Galego

05 Mayo 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel da obra teatral Xardín suspenso Cartel da obra teatral Xardín suspenso

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta no Teatro García Barbón de Vigo a obra de Abel Neves, "Xardín suspenso".

A representación, dirixida por Cándido Pazó e escenografada por Carlos Alonso, constitúe a última produción do Centro Dramático Galego e terá lugar este mércores 6 de maio, ás 20:30. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500 e no recinto do espectáculo o propio día da función.

Trátase dunha producción insertada no acordo de colaboración entre o CDG e o Teatro Dona María II de Lisboa.

En "Xardín suspenso", Abel Neves asina un texto aparentemente simple, pero que adquire unha enorme comprexidade, pois é una historia da nosa condición humana. ¿Ata ónde pode levar a fidelidade nun amor que non é correspondido? Lucía é unha arquitecta que, fiel a un amor imposible, decide abandoarse, disolvéndose na vida, por inación. Invertiu tódalas enerxías na construcción dun depurado xardín sen plantas no que crece a súa devoción amorosa por Mateo, con quen, sen selo seu irmán, creceu dende a infancia. Ignorando este sentimento, a familia intenta comprendelo enigma. Mariana, a avoa de Lucía, resolveu o misterio dende moi cedo. Coa sabiduría propia da idade, aconsella ó fillo: “Se escoitamos ben, respiramos mellor”. Pero na casa ninguén escoita, a vida continúa e o xardín…suspenso.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído