22012020Mié
Última edición: Mié, 22 Ene 2020 9pm

Magín Blanco achega o valor da amizade a 4.300 escolares de Vigo a través do teatro

Ata 76 centros educativos da cidade acudirán nos vindeiros días a presenciar a obra ‘A nena e o grilo máis aló’, que afonda sobre os medos e a tolerancia

10 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Un momento da representación. Un momento da representación.

Vigo acolle nos vindeiros días unha nova actividade de teatro para escolares da man de ‘A nena e o grilo máis aló’, unha proposta de Magín Blanco que fusiona música e teatro en galego. As representacións terán lugar os días 11, 13, 17 e 18 de decembro e o 9 de xaneiro no auditorio do teatro García Barbón con dúas sesións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 horas.

Máis de 4.300 alumnas e alumnos de 76 centros escolares de Vigo e arredores acudirán a ver esta obra na que a cooperación, a amizade, a tolerancia e a superación dos medos desempeñan un papel fundamental.

Os protagonistas esmagan sen querer á súa amiga Xertrude A Araña. Buscando unha maneira de devolverlle a vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao País dos Mortos. Alí tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

Medios

fitur 2020

tráfico

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído