12112019Mar
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

Chega a Vigo a nova proposta de Chévere: a historia que marcou a entrada do tren a Galicia

‘Curva España’ inicia as propostas teatrais da programación cultural da Universidade

06 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Miguel de Lira, durante a representanción. Miguel de Lira, durante a representanción.

A compañía de teatro Chévere chega este xoves (18.30 horas) a Vigo coa súa última produción: Curva España’. O grupo galego traerá a súa nova posta en escena. Trátase dunha montaxe que rescata un feito histórico: a investigación do estraño accidente do enxeñeiro José Fernández España, suceso que hai un século marcou a chegada do tren a Galicia. Chévere, premio nacional de Teatro 2014, estreou esta nova produción o pasado 25 de xullo na Mostra de Teatro de Ribadavia e subirase por primeira vez a un escenario vigués.

Para pór en escena esta obra, a compañía partiu dunha historia moi local, un relato transmitido case durante cen anos. Logo dunha laboriosa documentación e entrevistas a investigadores, así como  testemuñas da veciñanza, procedeuse á gravación de vídeos e sons. Logo, durante o traballo cos actores, a compañía probou toda as voces co seu elenco.

A curva España existe. Está na antiga carreteira de a Gudiña a Verín, en Ourense. Hai décadas que por alí non pasan coches. Pero a xente segue chamándoa así en lembranza de José Fernández España, o enxeñeiro que morreu en 1927 neste mesmo lugar ao caer do seu coche por un barranco, xusto cando realizaba o deseño do trazado da variante sur da liña ferroviaria Puebla de Sanabria-Ourense.

Despois da súa morte, a opción sur por Verín, Xinzo e Allariz desapareceu e as obras desenvolvéronse durante os seguintes trinta anos polo Macizo Central ourensá, cun enorme custo tanto económico como de vidas humanas. Esta é a sinopse da última montaxe de Chévere que chega a Vigo logo de estrearse o 25 de xullo na Mostra de Teatro de Ribadavia. O elenco actoral está composto por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco.

A obra representarase no teatro da Cidade Universitaria, no campus de Lagoas Marcosende. A entrada é de balde ata completar aforamento.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído