22102019Mar
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 8pm

O Auditorio Municipal reivindica os espectáculos inclusivos co Festival de Arte e Discapacidade

A cuarta edición do evento celebrase en Vigo entre o 8 e o 10 de outubro coa danza e a fotografía como novas disciplinas

08 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Cartel do evento. Cartel do evento.

A cuarta edición do Festival de Arte e Discapacidade, organizado pola Fundación Igual Arte coa colaboración do Concello de Vigo, chega entre o 8 e 10 de outubro ao Auditorio Municipal de Vigo cunha grande oferta cultural que incorpora este ano disciplinas como danza e a fotografía.

O evento comeza este martes con Dúo Acrobático, que representará ‘Descubríndonos’, e coa Compañía de Danza da Fundación Igual Arte e a súa produción ‘Procura de visión’ (20:15 horas). A segunda xornada permitirá asistir á proposta do artista Jonas Desquay, da École de Cirque de Bruxelles, e posteriormente subirán ao escenario as compañías Media Punta, Conservatorio Mayeusis, Dance Academy e un dúo de danza que representará a peza ‘Breviario Dispersivo’.

O xoves será o momento da segunda función do belga Jonas Desquay e de Danzass, que presentará ‘Vestixio’, mentres que a Asociación MeetShareDance representará ‘Sapere Aude’. O festival acollerá a exposición de fotografía ‘Corpo e movemento’ coas imaxes de Aitor Rivera, Gonzalo Gómez, Vanesa Lea, Pilar Rego, Laura Faro e Laura Rivas. Ademais, estarán as dúas finalistas na categoría de ‘Fotografía’, Patricia Rodríguez con ‘Pantasma’ e Vanesa Gómez con ‘Facendo deporte ao aire libre’.

“Veñen persoas de todo o territorio español e tamén quixemos que estiveran presentes compañías de danza da cidade, como Mayeusis e Media Punta, pero tamén de fóra. Estamos moi contentos, é unha experiencia pioneira no territorio español, oxalá Vigo sexa capital de estes encontros culturais”, destaca Cristina Lago, presidenta da fundación Igual Arte.

                               

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído