25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

Vetusta Morla apadriña o quinto espectáculo infantil do verán en Castrelos

O Concello de Vigo anunciou este venres a actuación de ‘Chumi Chuma’ para o 30 de xullo

05 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Presentación do proxecto de 'Chumi Chuma' xunto a Vetusta Morla. Presentación do proxecto de 'Chumi Chuma' xunto a Vetusta Morla.

O Concello de Vigo anunciou este venres unha quinta actuación no parque de Castrelos para o público infantil. Aínda que teoricamente o cartel dos espectáculos para os máis pequenos quedara pechado, Abel Caballero avanzou o xoves que a Concellería de Festas tiña previsto programar un novo show.

Será o de ‘Chumi Chuma’, que ademais abrirá a programación para os cativos co seu concerto do 30 de xullo, ao que seguirán Queenmanía (3 de agosto), O Rei León (5 de agosto), Sherk o Musical (6 de agosto) e Superwings Live Show (7 de agosto). Todos os concertos darán comezo ás 20.00 horas e serán de acceso gratuíto ata completar aforo.

O grupo -encabezado por un monstro doutra dimensión chamado Chuma, de case que dous metros de altura- ofrece cancións didácticas que pretenden educar xogando no seu disco ‘Baila sin parar’, con once cortes. O traballo está publicado polo selo discográfico de Vetusta Morla, grupo que apadriña este proxecto.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído