23072019Mar
Última edición: Lun, 22 Jul 2019 8pm

"Vigo arrólate", un espectáculo con música para bebés

Incluirá contos, actividades formativas e lúdicas nos meses de novembro e decembro

24 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
"Vigo Arrólate". "Vigo Arrólate".

O Concello de Vigo pon en marcha o vindeiro domingo o programa "Vigo Arrólate", un espectáculo destinado a xente miúda de entre 0 a 3 anos, con Cé Orquestra Pantasma e os "Fíos do querer". Será no Verbum ás 12 horas e terá unha duración de 60 minutos.

O espectáculo musical "Fíos do querer", da man de Cé Orquestra Pantasma, vai ser o punto de partida da programación de outono do programa "Vigo arrólate", de dinamización ling?ística da primeira infancia, que incluirá contadas, actividades formativas e lúdicas nos meses de novembro e decembro.

Este espectáculo, destinado a nenas e nenos de 0 a 3 anos, preséntase como un espazo de encontro para xogar, cantar e bailar coas nenas e nenos de colo, no que a rapazada e as súas familias son os protagonistas, a través da música e do xogo.

Paseniñamente iranse debullando as sinxelas e agarimosas cancións que forman o traballo homónimo de Cé Orquestra Pantasma, e que axudarán a estimular a sensibilidade musical, o ritmo, a oralidade en lingua galega e a interacción da rapazada e as súas familias.

Ao remate do espectáculo-obradoiro haberá tamén un espazo de xogo libre, con material natural non estruturado, denominado Terra. A actividade é de balde e non é precisa a inscrición previa; as prazas ocuparanse ata completar a capacidade.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído