22072019Lun
Última edición: Dom, 21 Jul 2019 2pm

O Ifevi convértese en Wembley por unha noite

Este sábado chega a Vigo God save the Queen, o grupo que rende tributo á gran banda británica revivindo o mítico concerto de 1986

22 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un momento do espectáculo. / Foto: God Save the Queen Un momento do espectáculo. / Foto: God Save the Queen

God Save the Queen, a banda “número 1” de tributo a Queen en todo o mundo, emulará este sábado no Ifevi o concerto máis importante do grupo británico e a súa última actuación en directo, Wembley 86. Este grupo que honra á formación liderada por Freddy Mercury naceu en 1998 e a través dos anos se converteu, segundo a prestixiosa revista Rolling Stone, no mellor grupo homenaxe ao cuarteto inglés.

Para celebrar os vinte anos de carreira interpretando a Queen, a banda iniciou unha xira internacional que xa percorreu escenarios de Tokyo, Australia, Estados Unidos ou Brasil e da que Vigo formará parte o 27 de outubro a partir das 21.30 horas.

O Ifevi acollerá un espectáculo completamente renovado e unha posta de iluminación e escenografía impresionantes, recreando maxistralmente na súa actuación, o máis icónico concerto de Queen.

As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com a partir de 30 euros. Para subir ao recinto feiral, Vitrasa poñerá lanzadeiras a disposición dos asistentes.

Medios

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído