18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 2pm

Dous espectáculos infantís para vivir o Samaín e o Nadal en familia en Vigo

A cidade acollerá os musicais ‘Monster rock’ o vindeiro 31 de outubro e ‘Naviland’ o 3 de xaneiro

08 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Monster Rock recalará en Vigo o 31 de outubro. Monster Rock recalará en Vigo o 31 de outubro.

Vigo vai facendo plans xa para o vindeiro Samaín e as vacacións de Nadal. A cidade acollerá os espectáculos musicais infantís ‘Monster rock. Una historia musical terrorífica’ e ‘Naviland. El lugar donde viven los Reyes Magos’, destinados a ofrecer unha oferta para toda a familia.

O primeiro deles poderá verse o 31 de outubro (19.30 horas) no teatro García Barbón. Trátase dun espectáculo protagonizado polos monstros o Home Invisible, o  Lobo, Frank, Vampi, o Profesor Hyde, Momi e Ghost co que se poderá celebrar a festividade do Samaín dun xeito diferente e en familia. As entradas xa se poden adquirir por internet a partir de 8 euros.

Pola súa banda, ‘Naviland’, o primeiro musical baseado nos Reis Magos, toma as panxoliñas tradicionais como banda sonora. Ademais, ten unha finalidade solidaria e conta co patrocinio da Fundación Crecer Jugando e Radio Nacional de España. Poderase gozar deste espectáculo o 3 de xaneiro no mesmo emprazamento e por un prezo de 10 euros.

TRAILER-DEMO MONSTER ROCK Teatro Real Carlos III. Aranjuez . 17 DICIEMBRE 2017 from UNIVERSALMIX on Vimeo.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído