20012020Lun
Última edición: Lun, 20 Ene 2020 12pm

Dezaseis compañías actuarán na tempada de outono do Auditorio do Concello

Esta nova programación de VigoCultura comezará o 28 de setembro coa compañía Dani García e o seu espectáculo familiar “Don Gelati”

13 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

Dezaseis compañías, nove delas galegas, actuarán no Auditorio do Concello dentro da programación municipal de Artes Escénicas de outono VigoCultura, que está financiada polo con 90.000 euros cada trimestre.

A nova tempada comeza o venres 28 de setembro coa compañía Dani García e o seu espectáculo familiar “Don Gelati” que, ademais, o sábado ofrecerá un pasacalles pola rúa do Príncipe. Tamén haberá espectáculos para público adulto como o da compañía Yllana e os Primital Bros, "The Primitals", os días 5 e 6 de outubro.

A programación complétase con Spasmo Teatro con "El Mundo Lirondo" o 7 de outubro; "O servidor de dous amos", de Talía Teatro, os días 12 e 13 de outubro; "Rosa Caramelo e outras historias", tamén de Talía Teatro, o 14 de outubro; "A leituga", de Eme2 emocionarche, o 19 e 20 de outubro; " Patapatúm", de Elefante Elegante, o 21 de outubro; "Cáscaras vacías", da compañía Lazona, o 26 de outubro; " BB Circus", de Asacocirco, o 28 de outubro; "Una conferencia bailada", de Bddanza, o 2 de novembro; "Rojo Estándar", de Lanördika, o 4 de novembro; " Iberian Gangsters", de Teatro Meridional, o 9 de novembro; "Alquimia", de Mago Teto, o 11 de novembro; Susana Seivane actuará o 16 de novembro; "Concerto singular", de Píscore, o 18 de novembro; "Da avaricia, a luxuria e a morte", de Teatro do Noroeste, o 23 de novembro e " Frankenstein. No soy un monstruo", de Pata Teatro, o 25 de novembro.

O ano pasado houbo 40.000 asistentes e máis de 275 actividades nesta programación municipal.

A presentación da programación tivo lugar este xoves na Praza do Rei e comezou cunha divertida representación de Doutor Milagre.

vigo

aeropuerto

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído