12122018Mié
Última edición: Mié, 12 Dic 2018 9am

O grupo de teatro sénior de Afundación presenta ‘Os vellos namorados’ en Vigo

Ofrecerán unha representación benéfica en favor de Amigos dos Maiores este martes

16 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O grupo de teatro sénior. / Foto: Afundación O grupo de teatro sénior. / Foto: Afundación

O grupo de teatro sénior de Afundación comeza unha xira para presentar ‘Os vellos namorados’, a súa versión de ‘Os vellos non deben de namorarse’ de Castelao. Tras estrear a obra na Coruña, a agrupación sairá á escena este martes 17 de abril ás 20.00 horas no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo (Marqués de Valadares, s/n) cunha representación benéfica en favor de Amigos dos Maiores.

Esta asociación dedícase a realizar labores de acompañamento e de socialización para evitar a soidade nas persoas maiores que viven soas. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com, tamén para colaborar mediante a Fila 0.

Esta farsa en tres actos e epílogo, adaptada polo director do grupo, Víctor Díaz Barús, satiriza sobre o amor e a morte de tres vellos imprudentes mediante a combinación de texto, música e canto.

Tres amores tardíos, tres vellos que namoran de tres rapazas aos que darán vida os actores e actrices do Grupo de Teatro Sénior de Afundación despois de meses de preparación e ensaios.

O grupo de teatro sénior
O grupo de teatro do Espazo +60 Afundación da Coruña formouse no ano 1984, cando un grupo de socios e socias afeccionados se reúnen e comezan a dar os seus primeiros pasos representando monólogos e obras curtas. Coa axuda do seu profesor e director, Víctor Díaz Barús, ese mesmo ano debutan cunha obra de ‘Molière’ e organizan o I Encontro de Grupos de Teatro.

Na actualidade está integrado por 21 actores e actrices de idades comprendidas entre os 60 e os 90 anos. Algúns dos seus compoñentes participaron en varias series de televisión como ‘Mareas Vivas’, ‘Libro de familia’ ou ‘Serramoura’, en películas como ‘O lapis do carpinteiro’ e en diferentes anuncios publicitarios. Durante a súa traxectoria, o grupo ten recibido numerosos premios en certames de teatro afeccionado, tanto no ámbito galego como nacional.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

navidad

peajes

acordo

comarcas

  • Últimas noticias

  • Más leído