14122018Vie
Última edición: Vie, 14 Dic 2018 7pm

‘El Sevilla’ leva a Mos o seu monólogo ‘Reflexiones del hombre lengua’

O cantante e humorista andaluz actuará o vindeiro domingo no Centro Dotacional de Torroso

09 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel promocional da actuación. Cartel promocional da actuación.

Tras a actuación de Manuel Manquiña no ciclo de monólogos mosense IMos Rir, o vindeiro domingo 14 de xaneiro (20.00 horas) chega ‘El Sevilla’ a Mos. O cómico e cantante andaluz Miguel Ángel Rodríguez tomará o relevo no ciclo municipal de monólogos organizado pola concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro. O Centro Dotacional de Torroso será o escenario que acolla o espectáculo ‘Reflexiones del hombre lengua’.

IMos Rir é o nome co que nace o primeiro ciclo de humor que se empezou a desenvolver o pasado 29 de decembro. Nace en colaboración entre o Concello de Mos e a Promotora galega de espectáculos Moitamerda Promocións, especializada no desenvolvemento deste tipo de eventos por toda Galicia. As actuacións comezaron co monólogo do actor e humorista galego Manuel Manquiña e continúan o domingo con ‘El Sevilla’.

En febreiro será a quenda do mítico cantante, actor e cómico Pablo Carbonell, que estará en Mos o domingo 4 co seu novo monólogo ‘Para habernos matao’. Posteriormente, o 18 de marzo, será a quenda do vilagarcián Carlos Blanco, a quen seguirá en abril José Corbacho. O peche chegará en maio co cómico vigués Miguel Lago.

O aforamento do auditorio é de algo máis de 300 persoas. A venda de entradas online é a través da plataforma www.woutick.es e tamén hai puntos de venda física de entradas na cafetería do Centro Dotacional de Torroso, no quiosco Sendín, rúa Pizarro 46 de Vigo, e no JJ Copas de Ponteareas.

Os prezos son de 10 euros máis gastos de xestión se se compra a entrada anticipadamente e de 13 euros se se compra o mesmo día do espectáculo no despacho de billetes do auditorio. Non se recomenda a entrada aos espectáculos a menores de 12 anos.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

  • Captado en dirección a Vigo el primer camión radar camuflado de la DGT
    Captado en dirección a Vigo el primer camión radar camuflado de la DGT La DGT lleva tiempo haciendo pruebas con furgonetas y camiones radar camuflados. Galicia es la comunidad en la que han empezado esos test y este miércoles un usuario de la aplicación Social Drive ha captado por primera vez al camión…
    Leer más...

música

ruta

conflicto

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído