24112017Vie
Última edición: Jue, 23 Nov 2017 9pm

teatro

Afundación presenta "Rubicundo" en Vigo na súa programación para escolares

Máis de 4.100 alumnas e alumnos de 73 centros escolares de Vigo e arredores gozarán desta proposta teatral

10 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
"Rubicundo". / Foto: afundacion.org "Rubicundo". / Foto: afundacion.org

A obra de teatro Rubicundo será levada á escena no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) da man de Afundación e a súa programación de actividades para escolares.

As representacións serán os días 13, 14, 15, 16 e 17 de novembro con dúas funcións diarias en horario de 10.00 e 12.00 h. Máis de 4100 alumnas e alumnos de 3.º e 4.º curso de educación primaria de 73 centros escolares de Vigo e provincia acudirán a ver esta produción en galego de Teatro dos Ghazafelhos.

A obra de teatro Rubicundo, da compañía Teatro dos Ghazafelhos, é unha adaptación do conto homónimo da escritora ceense María Canosa na que tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques e bailan e cantan en directo. Conta a historia de Erea, unha nena curiosa e soñadora que ve todas as noites como Rubicundo, un misterioso personaxe enfundado nun gabán e un sombreiro de copa, sae na súa bicicleta desde o seu xardín. Ninguén se fixa nel excepto Erea, que está disposta a chegar ata o final deste misterio.

A produción teatral Rubicundo conta unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, animando os nenos e nenas a perseguir as súas metas sen sentir límites nin distancias.

A proposta enmárcase dentro das actividades educativas para escolares programadas para o curso 2017 – 2018 que teñen como obxectivo reforzar a formación extracurricular que os estudantes reciben nas súas aulas. Así, a programación deseñada por Afundación promove unha educación en competencias transversais que potencian nos estudantes o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

nadal 2107

recogida alimentos 2017

  • Un Parque Nacional único no mundo
    Un Parque Nacional único no mundo Falar do Parque Nacional das Illas Atlánticas é falar de natureza en estado puro. A súa riqueza, tanto no que se refire á súa fauna como á súa vexetación, xunto coa espectacularidade da súa paisaxe o converten nunha das xoias…
    Leer más...

sequía: vídeo

  • Así está Eiras
    Un nuevo vídeo tomado el pasado domingo, 12 de noviembre, por Beto García con un dron muestra la preocupante situación en la que se encuentra la presa de Eiras.
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído