17082017Jue
Última edición: Jue, 17 Ago 2017 6am

O Castelo de Soutomaior esgota as entradas para as súas visitas teatralizadas

A Deputación de Pontevedra, organizadora da iniciativa, estuda ampliar o número de sesións e prazas para o vindeiro ano

17 Junio 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Actores facendo unha representación no castelo. Actores facendo unha representación no castelo.

As entradas dispoñibles para participar este ano nas visitas teatralizadas no Castelo de Soutomaior quedaron esgotadas en menos de tres semanas, segundo informou este sábado a Deputación de Pontevedra, organizadora desta iniciativa que se desenvolve entre os meses de maio e setembro.

A presidenta do ente provincial, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción polo “rotundo éxito” deste programa e avazou que a resposta popular fai que se estea a estudar a posibilidade de ampliar o número de sesións e prazas para o vindeiro ano.

Silva recordou que a actividade se puxo en marcha en 2016 por vez primeira e que nesta edición se está a repetir cun enfoque máis lúdico. As visitas, nas que participan 30 nenas e nenos acompañados polas súas familias, mergulla aos e ás participantes “nunha divertida aventura a través da que coñecen os segredos e historia deste monumento medieval e que fai as delicias dos e das máis pequenas da casa”.

O obxectivo é ofrecer unha forma diferente de descubrir e coñecer o Castelo de Soutomaior dirixida a todas as persoas que integran a familia, dende as máis pequenas ás maiores, dun xeito divertido e interactivo para que as nenas e nenos poidan coñecer a súa historia dende un punto de vista máis próximo, de forma que cada visita sexa unha auténtica aventura.

Así, as nenas e os nenos son nomeados “cabaleiros e cabaleiras”, e, da man dun bufón e un trovador medieval acompañado polo seu laúde, coñecen as diferentes estancias do castelo, que tipo de comida se preparaba nos castelos, cales eran os cultivos daquela época ou quen foi a ilustre impulsora do feminismo María Vinyals, a “Marquesa Roxa”.

Os máis pequenos e pequenas son incluso retados a intentar liberar a un cabaleiro nos calabozos do castelo, e para conseguilo teñen que pasar unha serie de probas que os e as conducen ata a chave que abre a porta da súa celda. En total, a Deputación de Pontevedra organizou para este verán 34 visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior de 45 minutos para grupos dun máximo de 30 persoas.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

entroido de verán

bágoas de san lourenzo

tráfico de drogas

  • Últimas noticias

  • Más leído