23072019Mar
Última edición: Lun, 22 Jul 2019 8pm

Catro días para debuxar a radiografía dun oco

Ecoar e o Teatro Ensalle organizan unhas xornadas de artes escénicas e activimos: "Hai Pontes"

07 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Nestas xornadas o mundo da cultura e do activismo social dan a man para investigar as vías que permitan prácticas culturais imbricadas no social. Nestas xornadas o mundo da cultura e do activismo social dan a man para investigar as vías que permitan prácticas culturais imbricadas no social.

Entre o 10 e o 13 do presente mes de Maio desenvolveranse en Vigo unhas xornadas organizadas por Ecoar e o Teatro Ensalle, baixo o título “Hai Pontes: Catro días para debuxar a radiografía dun oco”, que pretenden debater sobre os procesos de construción social e cultural, así como reflexionar sobre os posibles espazos de confluencia entre o mundo das artes escénicas e o activismo social.

Para desenvolver todo este proceso as xornadas contarán con diferentes colectivos e persoas que desenvolverán diversas formas de interacción social (performances, accións contraculturais, representacións,...) que incidan e repercutan nos espazos onde se leven ao cabo. Por outra banda o desenvolvemento dos puntos de confluencia conformarán un foro dende onde intercambiar enfoques e métodos diversos, ao tempo que se debate sobre os distintos aspectos das artes escénicas e o activismo social.

Nestas xornadas o mundo da cultura e do activismo social dan a man para investigar as vías que permitan prácticas culturais imbricadas no social, así como dinámicas sociais que impliquen unha mudanza do marco social e cultural. “Hai Pontes: Catro días para debuxar a radiografía dun oco” serán unhas xornadas de carácter gratuíto e abertas á participación de toda a cidadanía en todos e cada un dos seus espazos. Os actos que forman parte destas xornadas terán lugar tanto en espazos pechados (Café de Catro a Catro, Teatro Estepario e Teatro Ensalle) como en distintas prazas e rúas da cidade.

Mércores (10/05)
17:00 h. Punto de Confluencia (Teatro Ensalle)
20:30 h. Beehive, "Who You Calling A Bitch" (De Catro a Catro)

Xoves (11/05)
11:00 h. Accións de Rúa (Zona peonil Príncipe)
Teatro Trono "El matrimonio del soldadito" +
Teatro Trono "Y hasta la ltima gota" +
Avelina Pérez "Deixádenos Comer Tranquilos" +
Teatro Ensalle/Anómico Teatro "La Invisibilidad Existe" +
Teatro Ensalle/Anómico Teatro "Cantar Los Males Espanta"
17:00 h. Lab. Fantoche "Ni Pío" +
"La Corona, La Espada y El Traje de Peluche" (De Catro a Catro)

19:00 h. Teatro Trono "Arriba El Alto" (Teatro Ensalle)
20:30 h. Punto de Confluencia (Teatro Ensalle)

Venres (12/05)
11:00 h. Accións de Rúa (Zona peonil Calvario)
Teatro Trono "El matrimonio del soldadito" +
Teatro Trono "Y hasta la ltima gota" +
Avelina Pérez "Deixádenos Comer Tranquilos" +
Teatro Ensalle/Anómico Teatro "La Invisibilidad Existe" +
Teatro Ensalle/Anómico Teatro "Cantar Los Males Espanta"
17:00 h. Transluz Teatro "Otelo: A Farsa do Fazzoletto" (De Catro a Catro)
19:00 h. Teatro Trono "Arriba El Alto" (Teatro Ensalle)
20:30 h. Punto de Confluencia (Teatro Ensalle)

Sábado (13/05)
12:30 h. Teatro Estepario "Gino y Chispirita" (Teatro Estepario)
17:00 h. Punto de Confluencia (Teatro Ensalle)

Medios

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído