21092017Jue
Última edición: Jue, 21 Sep 2017 2pm

teatro

Talía leva Foucellas a Cangas

Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo interpretan a historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade mestúranse para propor unha reflexión sobre a xestión da derrota e da esperanza

21 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A montaxe foi recentemente galardoada co Premio María Casares á Mellor Escenografía. / Foto: Talía Teatro A montaxe foi recentemente galardoada co Premio María Casares á Mellor Escenografía. / Foto: Talía Teatro

A compañía galega Talía Teatro presenta este sábado, 21 de abril, ás 21 h. no Auditorio Municipal de Cangas a súa obra ‘Foucellas’.

Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo dan vida á historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade mistúranse para nos propoñer unha reflexión sobre un momento único e determinante da nosa historia.

Esta proposta vén referendada por un dos grandes nomes da escena galega, Cándido Pazó, quen dirixe e asina o texto orixinal escrito ex profeso para este espectáculo. Unha peza dramática que, alén de afondar no mítico personaxe galego de Foucellas, propón unha reflexión profunda sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza e a administración da derrota.

Dani Trillo asina a escenografía e o deseño gráfico da obra, mentres que Artur Trillo encárgase da distribución desta proposta, na que participan, así mesmo, Afonso Castro (iluminación), Martina Cambeiro (vestiario e maquillaxe), Manuel Riveiro (música), Auri Ferreiro (produción), Rubén Prieto (fotografía e vídeo) e Belén Pichel (axudante de dirección). A obra foi recentemente galardoada co Premio María Casares á Mellor Escenografía.

As entradas para asistir á representación de ‘Foucellas’ poderán adquirirse online na web de Ataquilla.com, ou na billeteira do teatro o mesmo día do espectáculo.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

movilidad

incendio

sanidade

  • Retoños
    Retoños Es una estampa habitual en la ría de Vigo. Las singulares condiciones meteorológicas, con una bonanza que se repite en gran parte del calendario, propician todo tipo de deportes náuticos, sobre todo la práctica de la vela.
    Leer más...

viajes

  • Últimas noticias

  • Más leído