13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 2pm

ciclo de cien e lingua

A Miteu ofrece a primeira obra sobre o amor homosexual que escribiu Lorca

A obra representada será "O público. Baixo a area", de Federico García Lorca, a cargo da Aula de teatro da USC-Lugo

20 Abril 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.

A XVIII Mostra de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, continúa este mércores, 20 de abril, cunha proposta innovadora en canto á escenografía, xa que os actores situaranse no medio do auditorio de Cidade Universitaria e o público gozará da función nun graderío disposto ao seu redor.

A obra representada será O público. Baixo a area, de Federico García Lorca, a cargo da Aula de teatro da USC-LUGO. Esta obra do autor granadino considérase a primeira en abordar o amor homosexual, segundo o historiador Ian Gibson. O subtitulo Baixo a area fai referencia a un conxunto de obras escritas por Lorca que denominaba “comedias imposibles”. De feito, é no ano 1986, cando o Centro Dramático Nacional estrea El público, por primeira vez, o que supuxo un dos acontecementos teatrais dos anos oitenta.

Ás 20.00 horas, o edificio Cambón (Rúa Oliva, 3. Casco Vello) acolle The Reader (Stephen Daldry, 2008), en versión orixinal. Está protagonizada por Kate Winslet, que foi premiada co Oscar á mellor actriz protagonista. A longametraxe sitúase en Alemaña, tras a II Guerra Mundial (1939-1945).

Michael Berg (David Kross), un rapaz de quince anos, perde o coñecemento mentres regresa da escola. Hanna Schmitz (Kate Winslet), unha muller reservada que lle dobra en idade, decide coidalo. Entre os dous xurde un amor interrompido pola misteriosa desaparición de Hanna. Anos máis tarde, Michael atópase con ela de novo pero nunha situación que non desexaría. Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Uvigo dirixirá un debate posterior.

Aula de Teatro USC-Lugo

O público. Baixo a area

Hora: 18.30 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Teatro de Cidade Universitaria. Universidade de Vigo.

Ciclo Cine e Lingua: The Reader

Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído