Preto de tres mil cincocentos escolares procedentes de centros educativos de Vigo e arredores fixeron a súa reserva para asistir a este espectáculo. Orientada a nenas e nenos de quinto e sexto de primaria, Estamos non verán é a historia duns amigos que, no verán, queren formar un grupo de música. Un espectáculo no que os asistentes cantarán, bailarán e improvisarán ao ritmo de diferentes estilos (rock, pop, jazz, blues, bossa nova…). Así, a música en directo, a danza e os elementos teatrais ou de clown mesturaranse para facilitar unha aprendizaxe da cultura musical e a linguaxe creativa.