Escrita e dirixida por Nando Llera, trátase dunha adaptación, ao estilo Comedia da Arte, do «Conto de Nadal» de Charles Dickens xa que a historia fala dun vello avaro que recibe a visita da pantasma dun amigo que vén advertirlle de que a súa mala conduta arrastrarano ao inferno. Tres bruxas ensinaranlle entón o seu pasado, presente e futuro, para tratar de convencelo de que cambie a súa actitude. Llera fai unha revisión deste texto clásico para universalízalo e utilizalo como instrumento de crítica social.
Ás 20.00 horas, o edificio Cambón (Rúa Oliva, 3. Casco Vello) acolle a comedia francesa en versión orixinal, «La cage dorée» (Ruben Alves, 2013) dentro do ciclo Cine e Lingua organizado pola Universidade de Vigo. Premio do público nos Premios de Cine Europeo, trata de dous inmigrantes portugueses que viven nunha portería nun bo barrio de París. Logo de trinta anos, xurde a posibilidade de retornar a Portugal pero ningún dos seus veciños quere que marchen. Presentará a película e moderará o coloquio posterior Cristophe Lagadec, profesor do Centro de Linguas da Uvigo.
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia- L’Indignati As tres meigas de Pantalone (Quererás dicir rapantes) Hora: 18.30 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Teatro de Cidade Universitaria. Universidade de Vigo. Ciclo Cine e Lingua: La cage dorée Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo. |