O obxectivo final segue sendo o das edicións anteriores que, en definitiva, é superar o concepto clásico de poesía, achegándoa a públicos máis diversos con actividades na rúa para implicar a toda a cidadanía.
Coa colaboración do Concello, nesta sexta edición do certame participan creadores e artistas procedentes de Galicia, do resto de España, dos Estados Unidos, China, Rusia, Croacia ou Bulgaria. Ademais queren levar a poesía a todos os públicos con accións na rúa, proxeccións nos cines, mesas redondas, actividades para nenos, recitais nos colexios e institutos e mesmo «flashmob» nos que queren implicar á cidadanía viguesa.
A apertura, na Praza do Rei, estivo presidida por un sol espléndido pese a ser 20 de outubro e no acto o alcalde, Abel Caballero, puxo en valor a capacidade da poesía para transmitir ideas, sentimentos e mesmo para dar liberdade a quen a escribe. Durante a presentación, os organizadores lembraron que este ano, ademáis, se fai unha gran aposta por achegar a poesía a tódolos públicos, con máis accións na rúa, músicos recoñecidos a nivel internacional que agora se achegan a poesía, conversas e mesas redondas, actividades para nenos e recitais en colexios, e un longo etcétera. entre o que se inclúe a presencia dun Poemóvil que xa comezou a percorrer as rúas da cidade deixando poemas por alí por onde vai.
Xa en abril, se comezou coa edición en Nova York do Kerouac Vigo, hermanado así esceas, poemas e cidades. Esta edición foi todo un éxito, e seguirá realizándose de forma anual polo que en abril de 2017 a poesía regresará a Estados Unidos.
Baixo estas liñas, deixamos a programación completa, que tamén podedes atopar na web do festival.