• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 30 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación de Pontevedra «busca detectives» para o Castelo de Soutomaior

    O goberno de Carmela Silva presenta unha ampla programación con visitas teatralizadas e guías didácticas, entre as que se levarán a cabo neste último trimestre do ano
    Redacción por Redacción
    03 de Oct, 2018
    en Espectáculos
    0
    A Deputación de Pontevedra «busca detectives» para o Castelo de Soutomaior

    Silva anunciou a posta en marcha, o vindeiro 14 de outubro, da terceira edición das visitas teatralizadas do Castelo de Soutomaior “co obxectivo de darlle máis contidos ás familias, un dos públicos prioritarios aos que queremos dirixir o noso proxecto turístico”.

    Máis polo miúdo, trátase de dez funcións de aproximadamente 45 minutos que se levarán a cabo os días 14, 20, 21 e 28 de outubro, ás 12.00 e as 17.00 horas, e o 4 de novembro, ás mesmas horas. A empresa Troula Animación S.L. será a encargada de executar estas visitas teatralizadas, nas que achegarán ás familias as historias desde un punto de vista próximo, divertido e participativo. Máis polo miúdo, para levar a cabo a actividade vanse aproveitar as salas interactivas do castelo e, deste xeito, os participantes farán un percorrido polo edificio acompañados dos antigos habitantes do castelo, bufóns, cabaleiros, cociñeiros e cociñeiras, trobadores e trobadoras, e a gran novidade deste ano será a pantasma do castelo, “O Alemanote”.

    “Estou segura de que cada visita vai ser unha auténtica aventura onde non faltarán cancións, xogos e historias de todas as persoas que pasaron polo castelo ou tiveron un vínculo con el”, afirmou Silva. As persoas interesadas en participar nas visitas teatralizadas poderán adquirir as súas entradas a partir do próximo luns, 8 de outubro, a través da páxina web do Castelo de Soutomaior (www.castelodesoutomaior.com). O custo será de dous euros e o pago realizarase de xeito telemático a través da propia web.

    Guías didácticas
    Outra novidosa iniciativa consistirá na posta en marcha de materiais didácticos para escolares e familias no Castelo de Soutomaior a partir de novembro. Segundo explicou a presidenta, este novo proxecto “converte á Deputación de Pontevedra nunha administración pioneira porque non hai outro castelo en Galicia que conte con este tipo de materiais didácticos a disposición de colexios e familias”.

    Esta iniciativa ten por obxectivo que a visita ao Castelo de Soutomaior se converta nunha experiencia “divertida e sobre todo atraínte, e que tamén sirva para reforzar a interpretación dos contidos da nova musealización a través do xogo”, continuou a presidenta. Para poder cumprir con iso, poderase dispoñer de dous tipos de materiais que estarán dispoñibles en galego, castelán e inglés.

    Por unha banda está a guía para familias, que consiste nun caderno con diferentes xogos relacionados coa musealización en clave de investigación. Así, os e as participantes que intenten resolver os enigmas contidos nesta guía terán que percorrer as distintas salas do castelo coa axuda dun plano. “Cando as familias completen a guía, na que terán que descubrir pistas, sopas de letras ou localización de erros, entregaráselles un diploma de recoñecemento.

    Por outra banda, están as unidades didácticas, que servirán como material de apoio para o profesorado nas visitas escolares ao Castelo. Constarán dunha unidade por cada nivel escolar e de dous módulos: un para o profesorado e outro para o alumnado. “A través deste segundo material, os e as escolares descubrirán que é un castelo, para que serve, achegaranse á figura de Cristóbal Colón a través dunha sopa de letras ou coñecerán a María Vinyals como personaxe histórica cun xogo de preguntas”, detallou a presidenta.

    As visitas ao Castelo medraron nun 110% entre maio e setembro
    A presidenta da Deputación continuou explicando que estas iniciativas de posta en valor do Castelo de Soutomaior están dando os seus froitos, “a nova musealización do castelo está sendo un éxito rotundo e espectacular. Os datos reafirman a nosa política e o cambio impulsado no Castelo. Dende a súa reapertura o pasado mes de maio pasaron xa por Soutomaior 23.000 persoas, un 110% máis que no mesmo período maio-setembro de 2017. E por exemplo, só no pasado mes de setembro 4.033 persoas pasaron visitar o castelo”.

    Silva engadiu ademais que para este último trimestre do ano xa hai reservas de visitas guiadas para 31 grupos. Destes grupos programados, 7 deles son centros escolares e 24 son grupos turísticos. “Son uns datos que nos enchen de ledicia porque estamos falando de visitas turísticas desestacionalizadas que se van dar no último trimestre do ano e esta é unha das nosas grandes apostas, lograr que a nosa provincia sexa visitada todo o ano”.

    Día Mundial do Enoturismo
    Coincidindo co Día Mundial do Enoturismo, Carmela Silva tamén anunciou que en Soutomaior vai ter lugar, en colaboración coa Ruta do Viño, unha cata a cegas, “actividade moi interesante porque nós, non só queremos pór en valor toda a musealización e toda a historia do castelo, senón tamén atraer á xente da provincia ligada a diversos sectores para que o Castelo se converta nunha referencia. Esta iniciativa, nunha provincia que somos referente de excelencia vitivinícola, responde a este proxecto de abrir Soutomaior á sociedade”.

    Silva tamén explicou que está a piques de rematar o proceso de vendima da explotación vitivinícola do Castelo de Soutomaior, que este ano corre a cargo da adega Señorío de Rubiós das Neves. Como novidade este ano, a uva vaise separar por variedades, xa que ata agora toda se taxaba como uva albariña, pero en Soutomaior tamén se recollen as variedades de godello e torrontés.

    43

    Tags: Carmela SilvaCastillo de SoutomaiorDeputación de Pontevedradetective

    RelacionadosArtículos

    La Diputación recoge en Madrid el certificado S para el Castillo de Soutomaior
    Comarcas

    La Diputación recoge en Madrid el certificado S para el Castillo de Soutomaior

    23 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026
    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    Caballero «puso alfombra roja a la corrupción sanchista», según el PP
    Local

    Caballero «puso alfombra roja a la corrupción sanchista», según el PP

    18 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un nuevo punto de encuentro llamado Apex
    Más Vigo

    Un nuevo punto de encuentro llamado Apex

    La ciudad de Vigo es lo suficientemente grande como para tener más de un centro. Además del tradicional casco histórico...

    por Julio Alonso
    29 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Marta Estévez acerca ‘La tercera orilla’ a Vigo
    Libros

    El secreto de la generación de los 70 que hoy sale a la luz en el Casco Vello

    La literatura gallega contemporánea vuelve a poner el foco en la memoria y el paisaje como ejes vertebradores de nuestra...

    por Redacción
    29 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR