• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    sábado, 23 de enero de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    «Xoves de comadres», da viguesa Noemí Chantada, gaña o Festival de Cans

    A cinta da realizadora viguesa fíxose con 4 dos premios principais: Mellor Curtametraxe, Mellor Guión, Premio do Público e o do Xurado dos Veciños e Veciñas
    Redacción por Redacción
    06 de Sep, 2020
    en Cine
    0
    «Xoves de comadres», da viguesa Noemí Chantada, gaña o Festival de Cans

    Noemí Chantada, foi a trunfadora da XVII edición do Festival de Cans. / Foto: Cris Andina

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A curtametraxe Xoves de comadres, da realizadora viguesa Noemí Chantada, foi a trunfadora da XVII edición do Festival de Cans ao facerse con catro dos principais premios. O xurado outorgoulle oa galardóns á Mellor Curtametraxe e Mellor Guión. Ademais, obtivo as distincións que outorgan o Público e o Xurado dos Veciños e Veciñas.

    O xurado destacou de Xoves de Comadres “a visión naturalista” e a “sensibilidade” amosada “á hora de crear un espazo de intimidade e verdade sobre a soedade e abandono da terceira idade cunha mirada crítica e profundamente humana”. Salientou, ademais, “o delicado traballo conseguido entre a directora e as súas actrices de lograda emoción”.

    Noemí Chantada acaba de obter no Festival de Málaga con esta mesma curtametraxe a Mención especial do Xurado, a Biznaga de Prata e o Premio do Público. A realizadora traballa dende hai quince anos coma directora de fotografía e cámara. En 2016 fundou a produtora Islandia Producciones. Na décimo quinta edición do Festival de Cans, a de 2018, xa obtivera unha mención especial do xurado pola cinta A Muller Invisible.

    Dous premios para 16 de decembro

    O filme 16 de decembro, de Álvaro Gago, acadou os recoñecementos do xurado á Mellor Dirección e á Mellor Fotografía, de Lucía C. Pan. Os membros do xurado destacaron desta cinta o “rigoroso” da súa realización e o “bo pulso e mesurada emoción” coa que a trata unha realidade tan grave coma é a das agresións sexuais e a indiferenza que a miúdo a rodea.

    A intérprete Bruna Cusí fíxose co galardón á Mellor Actriz pola súa actuación en Todo el mundo se parece de lejos. Cusí obtivo o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación polo filme Verano 1993, de Carla Simón.

    Pola súa banda, Denís Gómez obtivo a distinción ao Mellor Actor polo seu traballo en Mentres iso pasa, dirixda por Nacho Ozores.

    A relación de galardóns do xurado das sección de Ficción e Animación complétana os recoñecementos a Mario G. Cortizo, pola Banda Sonora da curtametraxe Conte Trencat de Miguel Gago; e o premio á Mellor Curta de Animación, que foi para El Gran Corelli, de Abel Carvajal. O xurado destacou desta película que “dota de vida a un pequeno gran personaxe e que cunha técnica impecable e unha aparencia inofensiva e poética móstranos unha historia crúa e desgarradora”. Carbajal é un animador da Estrada de tan só 24 anos que traballa actualmente na produtora Laika Animación, unha das máis importantes anivel global.

    O xurado de Ficción e Animación do Festival de Cans estivo integrado este ano pola directora Paula Cons, a produtora Andrea Vázquez, o actor Milo Taboada, o produtor Daniel Froiz e o crítico de cinema Julio Feo.

    FuraCáns e Novas Camadas

    Entre as cintas competidoras na sección FuraCáns, gañou a curtametraxe Notas sobre a habitabilidade en A Barca, do Colectivo Semente, formado por Paloma Hernández, Pablo Paloma e Andrés Fernández-Albalat. Para o xurado, esta película é unha aposta por un cinema pensado “como lugar de encontro entre a experimentación formal e o achegamento antropolóxico, dende un concepto de colectividade”. Este filme tivo a súa estrea absoluta no Festival de Cans e saiu dun traballo dos seus directores na Elías Querejeta Zinema Eskola.

    Tamén na sección FuraCáns, a cinta Usos e Costumes, de Iria Silvosa, obtivo unha Mención de Honra “por convidar ao espectador a observar os xestos da vida cotiá dende a confianza na imaxe”.

    O xurado desta sección, e de Novas Camadas, a sección na que compiten os traballos documentais e de videocreación, estivo integrado pola montadora Julia Juániz, a directora Jaione Camborda e máis o director Ángel Santos.

    A sección Novas Camadas incorporouse esta ano por vez primeira ao Festival para recibir traballos de creadores e creadoras noveis. E a curtametraxe gañadora desta súa primeira edición foi Onde durmen as gaivotas, do vigués Dani Cornes. É unha curtametraxe gravada nas Illas Cíes. Toda Aspereza, de Pablo Aguilar, obtivo unha mención de honra.

    O premio ao Mellor Videoclip foi para As crónicas, de Os amigos dos músicos, realizado por Rubén Domínguez. O xurado formárono a música Isabel Fernández Reviriego, o guionista Pablo Portero e o xornalista e crítico musical Fernando Neira. Destacaron, do videoclip premiado, o “despregamento de produción”, a “beleza dos planos e as texturas”, e “unha montaxe marabillosa”. Tamén recibiu unha mención especial o videoclip de Fisterra, de Baiuca, realizado por Adrián Canoura: “Fixo gala do menos é mais, e que con poucos recursos fixo algo moi especial e utilizou moi ben as imaxes de arquivo”.

    O Festival de Cans entregou esta noite, na súa gala final do seu día grande, os galardóns correspondentes á súa 17ª edición. Coa entrega dos premios remataba a edición do certame na que máis películas se estrearon: un total de 15. Competían 25 longametraxes e 15 videoclips. A situación sanitaria fixo que esta fose a edición máis singular do Festival. O público demostrou un comportamento excepcional e respectuoso coas normas de prevención da Covid de

    Tags: Festival de CansNoemí Chantada

    RelacionadosArtículos

    A edición expandida do Festival de Cans chega esta semana a nove cines de Galicia
    Cine

    A edición expandida do Festival de Cans chega esta semana a nove cines de Galicia

    08 de Sep, 2020
    O Festival de Cans entrega o Premio Pedigree a Manane Rodríguez e lembra a Enma Pino
    Cine

    O Festival de Cans entrega o Premio Pedigree a Manane Rodríguez e lembra a Enma Pino

    04 de Sep, 2020
    ‘O que arde’ e a estrea de ‘A illa das mentiras’, protagonistas da segunda xornada de Cans 2020
    Cine

    ‘O que arde’ e a estrea de ‘A illa das mentiras’, protagonistas da segunda xornada de Cans 2020

    03 de Sep, 2020
    A edición máis limitada do Festival de Cans comeza coa homenaxe a Chano Piñeiro
    Cine

    A edición máis limitada do Festival de Cans comeza coa homenaxe a Chano Piñeiro

    02 de Sep, 2020
    O Festival de Cans montará un autocine e proxectará as obras en salas de cine e na rede
    Cine

    O Festival de Cans montará un autocine e proxectará as obras en salas de cine e na rede

    27 de Ago, 2020
    El Festival de Cans acogerá el estreno de 15 obras y tendrá dos nuevas secciones
    Cine

    El Festival de Cans acogerá el estreno de 15 obras y tendrá dos nuevas secciones

    25 de Ago, 2020

    Más Vistos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales  en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    por Redacción
    19 de Ene, 2021
    0

    El derribo del Camaleón también conllevará la demolición de un mirador y zona de descanso en Samil

    El derribo del Camaleón también conllevará la demolición de un mirador y zona de descanso en Samil

    por Redacción
    15 de Ene, 2021
    0

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    por Redacción
    18 de Ene, 2021
    0

    Investigan al gerente de una empresa de Ponteareas por falsificar la firma de una mujer muerta hace más de dos años

    Encuentran con heridas de arma blanca el cadáver de un hombre en Mondariz

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0


    Los brotes en las residencias Las Angélicas, Paz y Bien y Mi Casa siguen sumando positivos

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0
    Los brotes en las residencias Las Angélicas, Paz y Bien y Mi Casa siguen sumando positivos
    Covid-19

    Los tres últimos brotes registrados en residencias del área sanitaria de Vigo no habían cerrado todavía su lista definitiva de...

    Leer mas

    Encuentran con heridas de arma blanca el cadáver de un hombre en Mondariz

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0
    Investigan al gerente de una empresa de Ponteareas por falsificar la firma de una mujer muerta hace más de dos años
    Mondariz

    La Guardia Civil investiga el hallazgo del cadáver de un vecino de Mondariz del que no se tenía noticias desde...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms bellow to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Do NOT follow this link or you will be banned from the site!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar Rechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy
    Necesarias Siempre activado