O coche de Omar (Gordon Warnecke), fillo dun xornalista paquistaní, é atacado por un grupo de ultra dereitistas. Entre eles, Omar recoñece a un vello amigo da escola, Johnny (Daniel Day-Lewis). Tras o encontro, Johnny comeza a traballar na lavandería onde traballa Omar e retoman unha relación amorosa que quedara interrompida ao deixar os estudios.
Esta é a primeira película do ciclo Cine e lingua inglés, con pases en versión orixinal subtitulados ao español; estará presentado e moderado por Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Neste cuadrimestre, ademais do ciclo de cine inglés, haberá outro asiático que comezará o vindeiro 8 de marzo.
My beautibul laundrette Stephen Frears, 1985 Data: Mércores, 1 de marzo Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo |