• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 8 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un futuro distópico no que Cíes é o último paraíso natural

    O Concello de Vigo premia unha curtametraxe gravada no arquipélago por titulados e estudantes da Universidade de Vigo durante o proxecto Desafío Audiovisual Illas Cíes. Pódese ver na Casa das Artes
    Redacción por Redacción
    11 de Feb, 2020
    en Cine
    0
    Un futuro distópico no que Cíes é o último paraíso natural

    Un fotograma da curtametraxe.

    Nun futuro distópico, marcado pola contaminación do planeta, as illas Cíes constitúen un “bastión de resistencia ao cambio climático”. Este é o punto de partida de ‘Onde dormen as gaivotas’, unha curta dirixida polo graduado en Comunicación Audiovisual Daniel Cornes que un grupo de titulados e estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación gravou nas illas tras seren seleccionados para participar no Desafío Audiovisual Illas Cíes.

    Promovida polo Concello de Vigo, no marco do proxecto ‘Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade’, a iniciativa, que tivo como comisarios artísticos aos profesores da facultade Jorge Lens e Paulino Pérez, levou ao desenvolvemento de seis curtametraxes e seis proxectos fotográficos no marco dunha residencia nas illas, reunidos agora na exposición que pode visitarse na Casa das Artes de Vigo.

    “Recibimos o premio con sorpresa, había pezas moi boas, polo que o feito de que nos escollesen fan que cobre aínda máis importancia da que xa tiña”, salienta Cornes, tras recibir, na inauguración da mostra o pasado venres, o galardón que o xurado outorgou á curta que gravou en Cíes xunto coa tamén egresada Ariadna Cordal, axudante de dirección, directora de arte e responsable da edición, e os estudantes Nerea Darriba, produtora, e Adán Cordeiro, director de fotografía.

    “Xa estivera en Cíes dúas veces e xa tiña pensadas as localizacións á hora de escribir o guión”, apunta Cornes, que recoñece que o feito de ter que traballar nunha illa levoulles a ser moi “meticulosos” na planificación previa da rodaxe que, ao igual que o resto dos equipos, levaron a cabo entre o 26 e o 30 de setembro. Ambientada nese futuro distópico “que esperamos non teña que ocorrer”, recoñece, a curta narra a chegada dunha bióloga, interpretada por Lidia Veiga, ás Cíes e os seus intentos de enviar información e posteriores discusións co personaxe interpretado por Yago Durán. “Penso que o entendemento entre a estética visual e sonora é o máis salientable”, apunta Cornes, que explica que buscaron para esta curta “un ritmo pausado e reflexivo para poder manter a tensión e a incerteza”.

    “Todo tivo que facerse a un ritmo frenético dende o principio”, engade Nerea Darriba, que recoñece que unha vez souberon que o seu proxecto fora un dos seleccionados desenvolveron un intenso traballo de preprodución caracterizado pola “dificultade engadida de preparar equipaxe para estar case illados”. Non obstante, esta alumna recoñece que este tipo de iniciativas constitúen tamén “oportunidades únicas para pornos a proba e desenvolver outras habilidades como a improvisación e o traballo en equipo”. Nese mesmo senso, Cordeiro recoñece que “rodar en exteriores sempre é difícil”, xa que “os elementos naturais non son controlables”, mais ao mesmo tempo incide en que a oportunidades “de filmar nun lugar como as Cíes”, fixo tamén que “todos estes problemas pasasen a un segundo plano”, xa que, sinala, “no único que un pensa é en intentar captar o mellor que se poida a beleza dunha paraxe natural como esta”.

    Doce creacións nacidas nas illas
    Ata o 8 de marzo poderán verse na Casa das Artes os seis proxectos fotográficos e as seis curtametraxes xurdidas desta residencia artística, seleccionadas de entre candidaturas chegadas de diferentes puntos de España. “Tratábase dunha convocatoria aberta a todo o mundo e é orgullo que un equipo de alumnos e ex-alumnos gañase o premio cunha proposta moi potente”, salienta Paulino Pérez dunha iniciativa «na que a temática era totalmente libre» e na que buscaban que xurdisen proxectos “fóra do convencional, cunha compoñente máis artística”.

    Entre os seleccionados na categoría de curtametraxes figura así mesmo o estudante de Comunicación Audiovisual Roi Grandío, director de O último desexo, e a alumna de doutoramento da Facultade de Belas Artes Laura García Calleja, directora de Archipiélago. Xunto ás súas creacións, na exposición proxéctanse tamén  as pezas de Carlotta Napolitano, Ekaterina Linke e Juan Lorenzo Loureiro, mentres que na categoría de proxectos fotográficos, un dos seleccionados foi o tamén alumno de doutoramento de Belas Artes Javier Fernández Pérez de Lis, que presenta na mostra a súa serie Arquipélago, resultado de “perseguir retrincos da historia das illas e dos seus poboadores”, xunto coas series realizadas por Ángel Torres, Carolina Conti, Christian Domínguez, Esther Naval e Samuel Ortiz.

    43

    Tags: cineUVigo

    RelacionadosArtículos

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Una película rodada en Vigo se cuela en el top 10 de las cintas más taquilleras en España

    30 de Dic, 2025
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La ETEA no arranca
    Más Vigo

    La ETEA no arranca

    Esta fotografía muestra parte de las instalaciones de la ETEA, acrónimo de Escuela de Transmisiones y Electricidad de la Armada,...

    por Julio Alonso
    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR