Trátase dunha película rodada en portugués que conta a desaparición de cinco cascos azuis da ONU despois da guerra civil de Mozambique. Tras varias explosións, so aparecen os cascos e os xenitais dos soldados. O tenente Massimo Risi (Carlo D’Ursi) será o encargado de pescudar o acontecido. Este ciclo proxéctase no Auditorio do Edificio Cambón (Casco Vello) a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión, ao remate da proxección, haberá un coloquio moderado pola profesora Paula Querido.
CICLO CINE E LINGUA: MULTILINGÜE O último voo do flamingo Data: Mércores, 13 de abril Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo. |