• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 6 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes galegas e lusófonas

    ‘Trote’, do director Xacio Baño, ‘Deslembro’ de Flavia F. Castro ou ‘Os fillos da vide’, un documental de Ana Domínguez, figuran entre as obras seleccionadas nesta oitava edición do festival
    Redacción por Redacción
    18 de Abr, 2019
    en Cine
    0
    O Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes galegas e lusófonas

    A primeira en proxectarse será ‘No intenso agora’ de João Moreira Salles, un documental que, a través de diferentes imaxes de arquivo falará dos eventos de maio do 68 en París, a Primavera de Praga e a Chinesa comunista de Mao. O filme poderase ver de balde no barrio do Calvario (Rúa Urzáiz, 162) xa que formará parte tanto da gala de inauguración, que comeza ás 21.00, coma da actividade Cine nos Barrios.

    Doutra banda, entre as obras escollidas cabe destacar ‘Trote’ de Xacio Baño, a primeira longa do director e que amosa a eterna loita entre a razón e o instinto e onde todo discorre nunha aldea durante a Rapa das Bestas. Un filme que xa ven de colleitar numerosos éxitos e que se puido ver en varios festivais internacionais de prestixio coma o de Locarno, San Sebastián ou Suíza. Ademais, non hai que esquecer que conseguiu 12 nominacións aos Goya 2019. Agora, esta obra rodada integramente en galego chega ao Primavera do Cine.

    Quen tamén se estrea coma directora é Ana Domínguez con ‘Os fillos da vide’. Así, a cineasta rende unha homenaxe as súas raíces, ao mundo rural e vitícola de Valdeorras (Ourense). Hai que sinalar que este documental conseguiu facerse co premio ao mellor filme galego na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego.

    Ademais, na oitava edición do Primavera do Cine tamén se poderá ver ‘Deslembro’, un filme de tintes autobiográficos da directora Flávia F. Castro e onde se poderá formar parte da vida de Joanna, unha adolescente que se ve obrigada a deixar París e volver coa súa familia a Río de Xaneiro na década dos 80. Neste caso, a obra ven de proxectarse en festivais tan sonados coma o Festival de Venecia 2018 ou CineEuropa 2018.

    Sección galega e lusófona
    O resto da sección oficial de longametraxes galegas completarase con ‘Gallo’, de Antonio Díaz Huerta e ‘La felicidad de los perros’ de David Hernández.

    ‘Gallo’ é un documental que narra a historia de Aitor, un surfista cego que intentará conseguir o título de Campeón del Mundo de Surf Adaptado. A ópera prima de Antonio Díaz proxectouse no Festival de San Sebastián 2018. Doutra banda, ‘La felicidad de los perros’ narra a crise existencial de César e a súa loita por saír adiante. O filme ven de proxectarse igualmente en festivais tan aclamados coma CineEuropa e, así mesmo, tamén conseguiu levarse o premio DCP Deluxe do Festival de Cine de Gijón 2018.

    Xa no apartado de obras lusófonas poderanse ver tamén ‘Alva’, de Ico Costa, ‘Ferrugem’ de Aly Muritiba, ‘Extinção’, de Salomé Lamas e ‘Chuva é cantoria na aldeia dos mortos’, João Salaviza e Renée Nader Messora.

    ‘Alva’, a primeira longa de Ico Costa conta a historia dun crime e de como o seu protagonista decide agocharse nun bosque. O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Róterdam e proxectouse tamén no Festival de Cine Independente IndieLisboa.

    ‘Ferrugem’, do director brasileiro Aly Muritiba é outro dos filmes que competirán para levarse o galardón á mellor obra lusófona nesta oitava edición do Primavera do Cine. Nesta ocasión o cineasta decide afondar en temas coma o bullying, o acoso e as graves repercusións que poden ter nos adolescentes. ‘Ferrugem’ arrasou no Festival de San Sebastián onde gañou o Premio de la Industria Cine en Construcción 2017. Doutra banda, tamén participou na sección World Cinema Dramatic do Festival de Sundance.

    Doutra banda, ‘Extinção’, o documental gañador do Premio Nuevas Olas-No ficción do Festival de Cine de Sevilla 2018 conta a historia de Kolja, un mozo de nacionalidade moldava, pero fiel a Transnistria, un país non recoñecido pola comunidade internacional e aínda inmerso na ideoloxía comunista.

    Finalmente, ‘Chuva é cantoria na aldeia dos mortos’, Premio Especial do Xurado no Festival de Cannes 2018 e Premio Especial do Xurado no Festival Mar de Plata 2018 explora a vida dunha moza pertencente a unha tribo indíxena do norte do Brasil.

    A excepción de ‘No intenso agora’, que será ao aire libre e de balde no barrio do Calvario, o resto das longametraxes poderanse ver no Auditorio do Concello de Vigo e, coma sempre, terán prezos populares. Deste xeito, cada pase custará 4 euros e poderase mercar no despacho de billetes do Auditorio do Concello dende media hora antes de que comece o filme.

    43

    RelacionadosArtículos

    El vacío de la estación de Urzaiz que traslada a los oscuros tiempos de la pandemia
    Local

    El vacío de la estación de Urzaiz que traslada a los oscuros tiempos de la pandemia

    05 de Feb, 2026
    Gadis reafirma su compromiso con la AECC
    Actualidad

    Gadis reafirma su compromiso con la AECC

    05 de Feb, 2026
    Actualidad

    La Xunta sustituye a Renfe y habilita transporte por carretera para los usuarios de tren atrapados

    05 de Feb, 2026
    Rodman se adjudica por 35 millones la fabricación de ocho lanchas y tres patrulleras para Aduanas
    Marítima

    Rodman cierra otro suculento contrato con el Estado

    05 de Feb, 2026
    Agenda

    El centro de ocio A Laxe celebra el Carnaval de Circo con actividades familiares durante dos días

    05 de Feb, 2026
    Evacúan a un crucerista al hospital de Vigo cuando el buque navegaba a la altura de Cabo Silleiro
    Sucesos

    Evacúan a un crucerista al hospital de Vigo cuando el buque navegaba a la altura de Cabo Silleiro

    05 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El año de los temporales
    Más Vigo

    El año de los temporales

    Este año 2026 ha comenzado con borrascas que han afectado sin tregua a la ciudad de Vigo, una borrasca detrás...

    por Julio Alonso
    05 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR