Julio Camba naceu un 16 de decembro en Vilanova de Arousa, con este evento nos Multicines Norte de Vigo se rinde así homenaxe a este gran xornalista. A proxección enmárcase dentro do ciclo “Novos realizadores” que se está levando a cabo nos Multicines Norte para visibilizar traballos do audiovisual galego nos últimos anos. A proxección contará coa presencia dos realizadores Alfonso Castaño e Emilio J. Fernández, que farán unha introducción ao filme e un coloquio co público presente na sala ao finalizar o evento.
O documental «O meu nome é Camba» aborda a vida e a obra dunha das figuras máis representativas do xornalismo español do século XX: Julio Camba ( Vilanova de Arousa, 1884-Madrid, 1962 ). Cronista de viaxes, columnista de opinión e escritor incluído por Eugenio d’Ors na denominada “xeración novecentista”, a obra de Camba é valorada nos ámbitos académicos e literarios coma un referente do escritor de oficio e do intelectual achegado ós lectores.
Julio Camba foi un dos xornalistas máis célebres do seu tempo. As súas crónicas aparecereron en publicacións de diverso perfil ideolóxico e foron lidas por xente de todos os estratos sociais. Hoxe en día, sen embargo, a súa figura corre o perigo de ser relegada ós estudios especializados e ás recopilacións bibliográficas.
A vida de Julio Camba contén o atractivo das súas continuas viaxes polo mundo como corresponsal (Turquía, Alemaña, Estados Unidos, Perú, Italia…). Traballou para os mellores xornais do seu tempo e mantivo sempre unha postura ideolóxica e persoal baseada nun carácter individualista e irónico. A gran biografía de Julio Camba está todavía por facer, así como a recopilación da totalidade da súa obra, espallada en publicacións de distintas épocas e lugares.
A súa personalidade, que coñecemos gracias a numerosas testemuñas de xente que o tratou persoal e profesionalmente, non deixa de ofrecer contrastes abraiantes: anarquista, conservador, pioneiro do nudismo, humorista, solitario, hipocondríaco, supersticioso, sibarita… o seu perfil segue a ser poliédrico e difícilmente reducible a lugares comúns. A súa escritura é hoxe en día modelo de contención e profesionalidade. Os seus artigos, agrupados en recopilacións baixo criterios temáticos e cronolóxicos, seguen atopándose con facilidade
en librerías, feiras e bibliotecas. Camba reflexionou ó longo da súa obra sobre os principais acontecementos históricos dos primeiros sesenta anos do século XX e as súas crónicas, dotadas dun particular punto de vista baseado no humor e no distanciamento, seguen a ter hoxe en día unha abraiante actualidade.
Marco histórico
O documental pretende que o percorrido vital e profesional de Camba se sosteña nese marco histórico imprescindible, abordando a emigración a Hispanoamérica de comezos de século, a Primeira Guerra Mundial, o xurdimento da sociedade de consumo americana, o crack da bolsa do vintenove, o nacemento da Segunda República Española, a Guerra Civil, a Segunda Guerra Mundial e as dúas primeiras décadas do franquismo.
Apoiándose en entrevistas, imaxes de arquivo documentais e dramatizacións de diferentes momentos da vida de Camba, o documental consegue achegar a persoalidade e vida deste xenial escritor e xornalista. Outro dos temas principais do documental é a evolución do xornalismo español ao longo do século XX e a presencia constante de escritores e intelectuais no medio.