• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 10 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Festival de Cans selecciona 12 curtas na categoría Furacáns, entre elas oito estreas

    Ademais, dez das doce obras a concurso nesta sección están asinadas por directoras
    Redacción por Redacción
    21 de Abr, 2022
    en Cine
    0
    O Festival de Cans selecciona 12 curtas na categoría Furacáns, entre elas oito estreas

    Fotograma de 'Somos una nación'.

    A XIX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 18 ao 21 de maio, vén de anunciar as curtas a concurso na sección Furacáns. Dedicada ás obras de non ficción que asumen maior risco narrativo, este apartado competitivo foi medrando nos últimos anos ata sumar nesta edición unha ducia de curtas, entre as que haberá oito estreas, seis delas estreas absolutas e outras dúas estreas en Galicia.

    Ademais disto, o Festival de Cans volve apostar pola ollada feminina incrementando de xeito significativo a participación de mulleres cineastas, con dez das doce obras a concurso nesta sección asinadas por directoras. Isto supón máis dun 80% do total de cintas escollidas para competir e combinará a presenza de directoras máis experimentadas como Diana Toucedo, as irmáns Also Sisters ou Adriana Páramo, doutras emerxentes como Aldara Pagán, Andrea Beade e Quiela Nuc ou de prometedoras debutantes como Claudia Pineda, Lucía Alonso, Antía Encisa, Yasmina Farahni e Silvia Muíña.

    Este ano, a metade das curtas que compoñen Furacáns son estreas absolutas. Entre elas, ‘Noche de 2202’ do cineasta de Portonovo David Outón ou ‘Una sola nación’, que Silvia Muíña rodou en Colombia e que ten como protagonista un rapeiro coas dúas pernas amputadas.

    ‘Nós-Outros’, é o debut de Lucía Alonso, formada como cineasta no Brasil e Lisboa, que bebe do realismo máxico para tender unha ponte na fronteira galaico-portuguesa. Cans tamén estreará ‘Anatomía dunha serea’, de Adriana Páramo, que parte da idea da obra de teatro na que a actriz Iria Pinheiro denuncia a violencia obstétrica que sufriu no parto.

    O dúo formado por Quiela Nuc e Andrea Beade, confróntanos coa beleza de antigos oficios artesanais ao servizo dun cruel espectáculo vixente ata fai ben pouco en ‘A cinquito, con derecho a tocar’. Millenial e transgresor, ‘Somos’, de Antía Encisa, fai un interesante paralelismo entre a apropiación de contidos na rede, e a multiplicidade de voces para falar da necesidade de definirnos.

    Ademais, a sección acollerá a estrea en Galicia de ‘Autorretrato’, na que a ourensá Aldara Pagán, en colaboración con Adrián Canoura, fala sen disimulo da presión que senten os creadores para se manter na crista da onda.

    Tamén se verá por primeira vez en Galicia ‘Aura’, na que as cineastas galegas afincadas en Utah Sonia e Miriam Albert-Sobrino, máis coñecidas como as Also Sisters, mesturan a poesía coa súa personal visión estética dun planeta maltratado na que á primeira curta de non ficción das xemelgas.

    Por Furacáns pasará tamén o novo proxecto da realizadora galega residente en Barcelona Diana Toucedo, ‘Tatuado nos ollos levamos o pouso’, centrado nos corpos, xestos e palabras das mariscadoras á beira da Illa de San Simón que se estreará no D’A film festival de Barcelona.

    ‘El viaje, 1988’, é o prometedor debut de Claudia Pineda no que as imaxes atopadas nun baúl pola autora e gravadas pola súa avoa na China, lle serven de reflexión para un interesante diálogo interxeneracional. Esta curta estivo presente na última edición do Short Film Corner do Festival de Cannes.

    Tamén competirá en Furacáns a curta ‘O que queda’, de Alejandro Rodríguez, galego residente en Madrid que constrúe unha reflexión sobre os recordos a través da galería do seu móbil, e ‘O imaxinario colectivo galego’, de Yasmina Farahni Luaces, creadora formada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que amosa neste filme un sensible achegamento á nosa cultura.

    Entradas xa á venda

    A competición da categoría Furacáns terá lugar o sábado, 21 de maio, día grande do Festival de Cans. A organización puxo á venda 75 entradas para a sesión matinal e 150 máis para a sesión de tarde, a un prezo de 6 euros. Os 200 paquetes de lanzamento xa están esgotados e as entradas da categoría de ficción poderán adquirirse a partir da próxima semana.

    Na tenda en liña do Festival de Cans están tamén dispoñibles as últimas entradas para a retrospectiva audiovisual e performance musical de Javier Álvarez, do dúo Fluzo, e para a presentación do documental ‘La historia de un cantante de pub’, de Óscar Vilanova, sobre o líder da banda do ‘Late Motiv’, Litus, mais o concerto que dará con Pablo Novoa, ambos os dous o sábado 21 de maio a un prezo de 5 euros.

    Segundo premio Rodolfo Prada

    O Festival de Cans vén de recibir un novo galardón pola súa traxectoria e iniciativas culturais. Trátase do segundo premio Rodolfo Prada á xestión cultural que organiza a Deputación de Ourense e vai pola súa quinta edición.

    Este premio, súmase a outros recoñecementos de prestixio obtidos polos Festival de Cans, como o Premio da Cultura Galega, que lle concedeu a Xunta de Galicia en 2019 ou o Premio da Crítica Galicia, na sección Iniciativas culturais 2009. O ano pasado foi o terceiro evento cultural mellor valorado de Galicia segundo o informe da Fundación Contemporánea.

    43

    Tags: cineFestival de Cans

    RelacionadosArtículos

    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Una película rodada en Vigo se cuela en el top 10 de las cintas más taquilleras en España

    30 de Dic, 2025
    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano
    Cine

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano

    20 de Dic, 2025
    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla
    Cine

    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla

    17 de Dic, 2025
    El hundimiento
    Opinión

    El hundimiento

    16 de Dic, 2025
    El documental ‘De todos lados un poco’, de Alex O’Doherty, se proyecta esta semana en Vigo
    Cine

    El documental ‘De todos lados un poco’, de Alex O’Doherty, se proyecta esta semana en Vigo

    15 de Dic, 2025
    Vigo brilla (de nuevo) en la gran pantalla de la mano de Daniel Sánchez Arévalo
    Cine

    Vigo brilla (de nuevo) en la gran pantalla de la mano de Daniel Sánchez Arévalo

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Beade se llena de música y tradición con el III Encuentro de Rondallas

    El concurso de rondallas de Vigo cambia de ubicación y ya espera a más de 300 personas

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo

    por Redacción
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Sin noticias del Dinoseto
    Más Vigo

    Sin noticias del Dinoseto

    Casi nadie recuerda al Dinoseto y mucho menos a su cría, personajes insignes de la ciudad de Vigo. Todo comenzó...

    por Julio Alonso
    09 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR