• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    martes, 28 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O Festival de Cans recibiu recibiu 10.000 persoas no seu regreso ás datas de primavera

    Os concertos de Amparanoia o venres e Los Vinagres e Dakidarría o sábado foron as actividades con maior afluencia de público
    Redacción por Redacción
    23 de May, 2022
    en Cine
    0
    O Festival de Cans recibiu recibiu 10.000 persoas no seu regreso ás datas de primavera

    Actuación da banda canaria Los Vinagres. / Foto: Festival de Cans

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O XIX Festival de Cans, celebrado esta fin de semana, recibiu máis de 10.000 persoas no seu regreso ás datas primaverais, segundo o balance feito este luns pola organización. A metade do público pasou polo evento o sábado, día grande do certame, no que houbo un “grande ambiente” e un “comportamento exemplar”.

    A principal afluencia de xente produciuse na Leira do Río. Os concertos nocturnos de Amparanoia o venres e Dakidarría o sábado encheron a carpa desta localización cunhas 1.500 persoas contabilizadas entre o público. Foron, xunto coa actuación de Los Vinagres o sábado pola tarde, os eventos máis concorridos desta edición.

    Á marxe das actuacións gratuítas, destacou o multitudinario Coloquio na Leira con Daniel Monzón, ao que asistiron preto de 300 persoas que puideron saber máis das experiencias deste cineasta mallorquino, autor de películas como ‘Las leyes de la frontera’ e ‘Celda 211’. Monzón tamén protagonizou un dos momentos máis emocionantes do festival ao deixar a súa pegada e descubrir a súa placa no Torreiro das Estrelas do Festival de Cans.

    Emocións e moita ledicia vivíronse tamén nos momentos máis especiais deste certame, como a entrega dos ‘chimpíns’ de prata ao actor Federico Pérez, o crítico cinematográfico Javier Tolentino e os veciños Marisol Troncoso e Alfonso González, xunto co premio de honra Pedigree 2022 á cineasta Margarita Ledo que cativou o público no Torreiro cun discurso sobre “a importancia das cousas pequenas”.

    A Gala Final de Entrega de premios, celebrada o sábado á noite, rematou xa de madrugada coa entrega do Premio do Público do certame, que foi para a curtametraxe ‘La entrega’. Dirixida por Pedro Díaz e protagonizada polo veterano actor Ramón Barea, a obra tivo a súa estrea absoluta en Cans.

    O festival viviu outros momentos máxicos e irrepetibles, coma o da actuación de Litus e Pablo Novoa no Espazo Rei Zentolo do Invernadoiro. Cun público entregado coreando os temas, unha tromba de auga obrigou a parar o concerto. Os músicos decidiron daquela seguir a festa nun ‘jalpón’ cunha festa improvisada a ritmo de rumba que deixou un dos momentos para o recordo do festival.

    Pese á grande afluencia de xente que se achegou a Cans, a aldea non viviu en ningún momento sensacións de ateigamento, cos espectadores repartidos nos máis de dous quilómetros de perímetro por toda a aldea. Nas proxeccións, coloquios ou encontros nos ‘jalpóns’, no torreiro, no Parque do Río ou nos bares de Cans, que encheron as súas terrazas durante toda a xornada, ademais de artistas participantes nesta edición, deixáronse ver entre o público moitas outras caras coñecidas do audiovisual galego coma Carlos Blanco, Miguel de Lira, Melania Cruz, Víctor Fábregas, Álvaro Cervantes, Cris Iglesias, Eduardo Rodríguez ‘Tatán’, a cantante Uxía –que actuou por sorpresa no ruta con Xurxo Souto–  ou directores como Alberte Pagán.

    A volta dos colexios e centros educativos ao festival, foi outra das grandes noticias desta XIX edición, pola que pasaron preto de 500 rapaces nas matinais de Cans durante a semana. Tamén foi multitudinaria a estrea do primeiro capítulo da serie Rapa, á que asistiron o xoves 250 persoas no Círculo Recreativo do Porriño. Os diferentes coloquios que tiveron lugar no Torreiro, por onde ademais de Margarita Ledo pasaron todos os realizadores das seccións oficiais a competición de ficción, Furacáns e Novas Camadas, achegáronse aos 200 espectadores, coa capacidade do Torreiro completa.

    O primeiro festival de Cans celebrado trala pandemia, supuxo tamén a volta das actividades familiares que permitiron gozar á cativada cos MiniCans Gadis, que incluíron actuacións como a do Trío Acivro, Polo Correo do Vento ou Magín Blanco, todas coa cabida completo. O público infantil tamén puido asistir ás proxeccións na Caixiña de Mistos, onde houbo que aumentar as sesións previstas, ante a gran concorrencia recibida.

    Malia ao gran volume de xente que pasou pola XIX edición do festival, apenas houbo que rexistrar incidentes no parte do equipo médico, indicador un ano máis do excepcional comportamento do público que este 2022 volveu pasar por Cans.

    Tags: Festival de Cans

    RelacionadosArtículos

    El festival de Cans cumple 20 años con el estreno de ‘Honeymoon’, de Javier Gutiérrez y María Vázquez
    Cine

    El festival de Cans cumple 20 años con el estreno de ‘Honeymoon’, de Javier Gutiérrez y María Vázquez

    23 de Mar, 2023
    “O cinema de Galicia estaba no mellor momento da súa historia, a crise  do coronavirus  é nefasta”
    Cine

    Canciños Fest, una versión infantil del Festival del Cans, se estrena este fin de semana en Porriño

    21 de Mar, 2023
    El Festival de Cans recibe más de 230 cortometrajes para concursar en su XX edición, un 25% más
    Cine

    El Festival de Cans recibe más de 230 cortometrajes para concursar en su XX edición, un 25% más

    08 de Mar, 2023
    La XX edición del Festival de Cans se celebrará entre el 16 y el 20 de mayo de 2023
    Cine

    La XX edición del Festival de Cans se celebrará entre el 16 y el 20 de mayo de 2023

    01 de Dic, 2022
    Los cortos finalistas del último Festival de Cans estarán disponibles online
    Cine

    Los cortos finalistas del último Festival de Cans estarán disponibles online

    15 de Jun, 2022
    As curtas gañadoras no Festival de Cans poderán verse de balde este sábado
    Cine

    As curtas gañadoras no Festival de Cans poderán verse de balde este sábado

    27 de May, 2022

    Más Vistos

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local

    Inauguración en Camelias con música, baile y muchas caras conocidas

    por Redacción
    26 de Mar, 2023
    0

    Esta fotografía corresponde a la ciudad de Vigo, pero no se trata de una zona rural, sino de una zona urbana rodeada de calles muy transitadas, una zona próxima a grandes plazas.

    En el medio de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    25 de Mar, 2023
    0

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0

    Esta imagen resulta bastante habitual en la ciudad de Vigo. Los conductores se saltan las normas con enorme facilidad y no pasa absolutamente nada.

    En Vigo todo vale

    por Julio Alonso
    26 de Mar, 2023
    0

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0
    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”
    Local

    Hacía ya tiempo que Mayra buscaba una oportunidad para tener su propio negocio y la suerte quiso que su destino

    Leer mas

    La Policía Nacional alerta de una estafa detectada en Vigo que encripta ordenadores de abogados

    por Europa Press
    27 de Mar, 2023
    0
    La Policía Nacional alerta de una estafa detectada en Vigo que encripta ordenadores de abogados
    Sucesos

    La Policía Nacional ha informado este lunes sobre una nueva modalidad de estafa informática dirigida especialmente a despachos de abogados

    Leer mas

    Vigo se entrega a la Reconquista con una semana llena de festejos

    por Redacción
    26 de Mar, 2023
    0
    La Reconquista desvela un programa de festejos de nueve días para conmemorar la expulsión de los franceses
    Local

    La Fiesta de la Reconquista de Vigo comenzó este fin de semana con la representación de la invasión francesa y continuó

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR