• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 5 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Festival de Cans abre a súa convocatoria cunha nova sección a concurso e con case 10.000 euros en premios

    O certame, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, incorpora coma sección competitiva ‘Novas Camadas’, dedicada a promover ás creadoras e creadores menores de 25 anos
    Redacción por Redacción
    11 de Feb, 2021
    en Cine
    0
    O Festival de Cans abre a súa convocatoria cunha nova sección a concurso e con case 10.000 euros en premios

    Un momento do encontro de curtametraxistas celebrado na última edición do Festival de Cans. / Foto: Alberto Pérez Barahona

    O Festival de Cans abre este xoves 11 de febreiro a convocatoria de envío de obras a concurso para a súa XVIII edición que, como se anunciou hai uns días, volverá ter lugar nesta coñecida aldea de O Porriño do 1 ao 4 de setembro. Desde este xoves e ata o 16 de maio estará aberto o prazo para o envío de obras nas categorías de curtametraxes de ficción, animación ou non ficción, así como videoclips, tendo como condición que todas as obras deben ser de produción galega e realizadas entre 2020 e 2021.

    Este ano o festival abrirá desde o inicio a participación para a sección a concurso do Premio Deleite ‘Novas Camadas’, que o pasado ano se realizou mediante invitación, e se puxo en marcha só unhas semanas antes do festival. Ante a gran acollida que tivo a sección, tanto por parte do público como das creadoras e creadores, este ano será potenciada e destinada exclusivamente a promover directoras e directores menores de 25 anos. O festival tamén recibirá longametraxes e calquera tipo de obra susceptible de poder ser programada ou presentada nas seccións paralelas do festival, dando prioridade en todas as categorías ás obras que aínda non fosen estreadas. Todas as obras poderán ser inscritas gratuitamente a través da propia web do festival.

    Cans volverá aumentar a dotación económica dos seus premios nesta edición, que roldarán os 10.000 euros. En concreto, repartiranse un total de 9.600 premios entre as catorce categorías a concurso, ademais do característico Can de Pedra, o prezado trofeo realizado polo artesán Paco Candán, que reciben as gañadoras e ganadores de cada categoría.

    A organización fixo un “esforzo” por aumentar na medida do posible a dotación económica en premios, e que poida supoñer unha axuda determinante para creadoras e creadores, nun momento moi complicado. O festival considera que é “un esforzo que debe asumir, ratificando o seu compromiso coas novas e novos creadores, que serán os receptores dos principais premios”.

    As cantidades máis importantes estarán destinadas ó premio á mellor curta do xurado, con 2.000 euros, os premios á mellor curta de animación e mellor curta do público con 1.500 euros cada un, e o premio á mellor curta de non ficción, denominada ‘Furacáns’, que será de 1.200 euros, ademais de 500 euros para a mellor curta da sección ‘Novas Camadas’ e 500 euros para o mellor videoclip. Como na edición anterior, haberá un total de catro xurados específicos para outorgar estes galardóns.

    Un evento clave para os Goya
    O Festival de Cans consolidouse nas últimas edicións como o principal escaparate das novas e novos cineastas galegos, sendo un certame clave no camiño cara os Premios Goya. Este ano a curta ‘16 de Decembro’ de Álvaro Gago, que na última edición de Cans gañou dous premios, estará entre as catro finalistas na categoría de mellor curta de ficción. Gago ten tamén no seu palmarés dous Premios do Xurado en Cans.

    Entre as finalistas que optarán ó premio de mellor curta de animación estará tamén ‘Metamorphosis’, de Carla Pereira e Juanfran Jacinto, que pasou pola categoría ‘ExtraCans’ na última edición do certame, ou Alberto Vázquez, gañador de tres edicións de Cans, que volverá optar a un Goya pola curta ‘Homeless Home’. Nesta mesma categoría de animación xa fora finalista dos Goya tamén o pasado ano David Fidalgo Omil, que coa súa curta ‘Homomaquia’ levara tamén unha mención especial do xurado en Cans.

    43

    Tags: cineFestival de Cans

    RelacionadosArtículos

    «Palestina en pantalla» pone la mirada en la resistencia y memoria de un territorio
    Cine

    «Palestina en pantalla» pone la mirada en la resistencia y memoria de un territorio

    29 de Oct, 2025
    La obra maestra del terror que intentaron quemar resucita en Vigo de la mano de MusicaV
    Espectáculos

    La obra maestra del terror que intentaron quemar resucita en Vigo de la mano de MusicaV

    27 de Oct, 2025
    Visita a los Multicines Norte de Vigo: apuesta por la calidad
    Cine

    Noche de culto y vísceras en Vigo

    23 de Oct, 2025
    O Galician Freaky Film Festival abre o prazo de inscrición de curtametraxes
    Cine

    Cuatro días de cine a 3,50 euros: la Fiesta del Cine regresa a Vigo

    21 de Oct, 2025
    La película San Simón estrena tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián
    Local

    La película San Simón estrena tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián

    16 de Sep, 2025
    El éxito de Carla Simón y su ‘Romería’ sube de nivel: candidata a representar a España en los Óscar
    Cine

    El éxito de Carla Simón y su ‘Romería’ sube de nivel: candidata a representar a España en los Óscar

    03 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El balcón de los sueños
    Más Vigo

    El balcón de los sueños

    El mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, sigue siendo un punto de reunión tanto para...

    por Julio Alonso
    05 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR