• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 8 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Margarita Ledo recibirá o Premio Pedigree de honra do Festival de Cans 2022

    O actor Federico Pérez, o xornalista Javier Tolentino e Marisol Troncoso e Alfonso González, do Baixo de Alfonso, serán os galardoados cos Chimpíns de Prata da XIX edición
    Redacción por Redacción
    31 de Mar, 2022
    en Cine
    0
    Margarita Ledo recibirá o Premio Pedigree de honra do Festival de Cans 2022

    As persoas que serán distinguidas este ano.

    A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra, o Premio Pedigree, á cineasta, escritora e investigadora Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951), unha das autoras cun traballo máis transversal no cinema galego, abranguendo campos que van da creación á investigación e á docencia no ámbito audiovisual.

    A organización do certame quere premiar en Margarita Ledo unha obra caracterizada pola defensa da lingua, a visibilidade das mulleres anónimas e a intención de reconstruír a identidade dun país rescatando a memoria borrada. A súa é unha interesante ollada, cunha evolución desde o documental a novas vías de exploración difuminadas coa ficción. Margarita Ledo recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no Torreiro das estrelas no marco do XIX Festival de Cans, que terá lugar entre o 18 e o 21 de maio.

    Directora de catro longamentraxes, co seu último filme, Nación (2020), acadou varios recoñecementos como o Premio á mellor dirección de película española no prestixioso Festival de Cine Europeo de Sevilla, o Mestre Mateo ao mellor documental e resultou preseleccionada para os Goya.

    Con anterioridade, Margarita Ledo dirixiu Santa Liberdade (2004), cinta na que recupera a memoria do secuestro do buque homónimo, organizado por antifascistas galegos e portugueses para denunciar as ditaduras de Franco e Salazar; Liste, pronunciado Líster (2007), a modo de biografía anticlásica do líder comunista galego; e A cicatriz branca (2012), na que explora a figura da muller galega exiliada na Arxentina.

    O premio Pedigree 2022 irá acompañado dunha retrospectiva da súa creación de curtametraxes e narrativa experimental, rescatando tamén algunha obra inédita.

    Chimpíns de Prata 2022

    Federico Pérez Rey foi nomeado Chimpín de Prata ‘Premio Pepe Puime’. O actor, guionista e monologuista é un dos rostros máis populares de Galicia. Fíxose moi coñecido pola súa intepretación en numerosas series emitidas na TVG.

    As súas intervencións en La Casa de Papel, Néboa ou El Desorden que dejas, téñeno proxectado fóra de Galicia, ademais da súa participación en diferentes filmes como Mar Adentro de Alejandro Amenábar, 18 comidas de Jorge Coira, Os fenómenos de Alfonso Zarauza ou Cuñados, de Toño López.

    Grande asiduo do Festival de Cans, onde ao longo dos anos ten colaborado en coloquios, presentacións e películas, exercendo de mestre de cerimonias en varias entregas de premios, este 2022 recibirá a distinción honorífica pola súa traxectoria como actor e a súa disposición a colaborar sempre coa organización.

    Javier Tolentino recibirá o Chimpín de Prata. Referente do xornalismo cultural e, sobre todo, da información cinematográfica. Durante case dúas décadas estivo á fronte do programa El Séptimo Vicio (Radio 3), referente imprescindible do público cinéfilo, co que acadou un cento de galardóns, entre eles o Premio da Crítica ou á súa traxectoria no Festival de Cine de San Sebastián.

    Tras cumprir a súa etapa en Radio 3, Tolentino abriu un novo camiño como director. O seu filme de debut Un blues para Teherán resultou finalista na última edición dos Premios Goya na categoría de mellor documental e será proxectado en Cans.

    Prestando sempre especial atención ás periferias e ao pequeno cinema independente, Javier Tolentino foi o primeiro xornalista cultural de fóra de Galicia que puxo Cans no mapa cinematográfico, xa desde as primeiras edicións. En 2018 realizou tres memorables programas en directo desde o Baixo de Moncho, que lle deron outra dimensión ao festival no mundo do cinema. Tolentino é un dos grandes difusores de Cans, motivo polo que este ano recibirá o recoñecemento honorífico do Chimpín de Prata.

    Marisol e Fonso recibirán o Chimpín de Prata ‘Premio Divina Campos’. Pertencentes a unha familia na que varios irmáns son colaboradores habituais do festival, Marisol e Alfonso son os propietarios do Baixo de Alfonso, do que o público popularizou nas redes a súa «porta voadora». Situado no barrio da Pedreira, é un dos espazos fixos da proxección das curtas a concurso desde hai varias edicións.

    Pola súa calidade humana e disposición permanente a colaborar co festival mesmo nos momentos difíciles por mor da pandemia, Marisol e Fonso reciben este ano o Chimpín de Prata ‘Premio Divina Campos’ e os seus nomes sumaranse aos doutros veciños e veciñas xa homenaxeados no coñecido Muro dos chimpíns.

    43

    Tags: cineFestival de CansPremio Pedigree

    RelacionadosArtículos

    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’
    Cine

    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’

    07 de Feb, 2026
    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    14 de Ene, 2026
    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Dos películas rodadas en Vigo y su área, de camino a los Goya

    13 de Ene, 2026
    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Una película rodada en Vigo se cuela en el top 10 de las cintas más taquilleras en España

    30 de Dic, 2025
    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano
    Cine

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano

    20 de Dic, 2025
    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla
    Cine

    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla

    17 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR