• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 10 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Lois Patiño, Eloy Domínguez ou Lucía Estévez competirán no Festival de Cans

    Outros cineastas con percorrido na longametraxe coma Ángel Santos ou Guillermo de Oliveira tamén participarán na sección oficial do certame, que se celebra en maio
    Redacción por Redacción
    25 de Abr, 2022
    en Cine
    0
    Lois Patiño, Eloy Domínguez ou Lucía Estévez competirán no Festival de Cans

    Fotograma de 'Rompente'.

    A XIX edición do Festival de Cans, que se celebrará do 18 ao 21 de maio, vén de anunciar as curtas de ficción a concurso na sección oficial do certame. Son un total de doce obras, das que once serán estreas, seis delas son estreas absolutas e outras cinco que se proxectarán por vez primeira nun festival en Galicia.

    O certame terá este ano unha colleita excepcional na categoría de ficción, na que combinará filmes de directores experimentados, con percorrido na longametraxe, coma Lois Patiño, Eloy Domínguez Serén, Ángel Santos ou Guillermo de Oliveira, con outros emerxentes como Lucía Estévez, David Fidalgo ou Alejandro Rodríguez, realizadores premiados en Cans en edicións anteriores como David Fidalgo, Fran Rodríguez ou Pedro Díaz, e cineastas máis novas como Cris Yáñez ou Lucía Cotelo.

    Nesta edición, hai un total de seis mulleres na dirección de catro das obras a concurso, o que supón un incremento da presenza feminina, en liña co compromiso do festival por dar visibilidade ao traballo das realizadoras. A competición da sección oficial terá lugar o día grande do Festival de Cans, o sábado 21 de maio, e desde este luns están á venda as entras na tenda online do festival.

    Entre as curtas de ficción a concurso hai dúas de animación, que este ano compiten na mesma categoría. Paula Calviño, Alba Otero e María Jácome estrean ‘Efecto caracola’, transportándonos ao mundo onírico dunha rapaza que foxe da asfixiante rutina. En ‘Reaction’, o que fora finalista dos Goya con ‘Homomaquia’, e habitual da competición en Cans, David Fidalgo, amósanos co seu estilo singular,  as reaccións de distintas mascotas ante imaxes sacadas dos medios de comunicación.

    Tamén será estrea absoluta nesta edición La entrega, do realizador Pedro Díaz que regresa a Cans, despois do seu éxito en 2013 con ‘Mal de Sangue’. A súa nova curta, protagonizada polo histórico Ramón Barea, narra en ton de comedia a vida dun ancián que non sae da casa desde hai unha década debido a un trauma. Cris Yáñez, formada na Universidade de Vigo e a quen vimos medrar na sección Novas Camadas, estreará ‘Dúas Cores’, con Mela Casal e Melania Cruz no reparto e protagonizado por dúas nenas que comparten aventuras e xogos durante o verán.

    Xineceo, a historia de dous preadolescentes da debutante carballesa Laura Cotelo, súmase ás estreas en Cans, xunto con Devoradora de nenos, de Fran X. Rodríguez, outro cineasta coñecido polo público do festival, premiado co Can de Pedra e o Premio do Público en edición pasadas polas súas obras ‘Ladróns de Tempo’ e ‘O Neno Bonito’.

    O Festival de Cans selecciona 12 curtas na categoría Furacáns, entre elas oito estreas

    Eloy Domínguez Serén, que o pasado ano gañou na categoría Furacáns con ‘Os Corpos’, volve asinando ‘Rompente’, a que podería ser unha das curtas do ano, coa que vén de recibir o premio á mellor curtametraxe no Festival de Málaga. Será a estrea en Galicia desta obra, un duro retrato dunha parella moi nova nunha vila costeira, cun fillo pequeno e unha penosa situación familiar.

    A relación entre dous irmáns que se reencontran en ‘Nido’, de Alejandro Rodríguez, director que este ano fai dobrete competindo tamén na sección Furacáns, é outra das ficcións a concurso, xunto á estrea en Galicia do western ‘Sauerdogs’, do vigués Guillermo de Oliveira, quen fora finalista do Goya ao mellor documental con Desenterrando Sad Hill.

    Despois do seu paso pola longametraxe, Lois Patiño asina con Matías Piñeiro a fermosa Sycorax, filme estreado na Quincena de realizadores da última edición de Cannes, exhibido no TIFF de Toronto, e que está comezando un impresionante percorrido por algúns dos mellores festivais do mundo.

    O Festival de Cans proxectará os documentais sobre Eme DJ e o cantante Litus, que tamén actuarán

    Tamén volve ás curtas o realizador de Marín, Ángel Santos, que compite con ‘Así vendrá la noche’, filme que pasou polo FIC Xixón onde tamén se estreou O niño dos paxaros, da viguesa Lucía Estévez, unha interesantísima obra que hibrida ficción, non ficción e musical, partindo dunha historia familiar relacionada co seu pai.

    Entradas á venda

    A competición das curtas de ficción da sección oficial terá lugar o sábado, 21 de maio, día grande do Festival de Cans. A organización puxo este luns á venda as entradas individuais a un prezo de 12 euros.

    Os boletos poden adquirirse xa a través da tenda en liña do Festival de Cans, onde continúan á venda, a un prezo de 6 euros, os da sección Furacáns de curtas de non ficción.

    E quedan tamén as últimas entradas a 5 euros para a programación do Espazo Rei Zentolo  no Invernadoiro, un dos lugares máis singulares do festival. Alí terá lugar na tarde do sábado, 21 de maio a retrospectiva e a performance musical de Javi Álvarez, a metade do dúo Fluzo, e a presentación do documental La historia de un cantante de pub, de Óscar Vilanova, sobre o líder da banda Litus, mais a actuación que este dará a continuación con Pablo Novoa. A capacidade máxima será de tan só 100 persoas por concerto.

    43

    Tags: cineFestival de Cans

    RelacionadosArtículos

    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Una película rodada en Vigo se cuela en el top 10 de las cintas más taquilleras en España

    30 de Dic, 2025
    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano
    Cine

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano

    20 de Dic, 2025
    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla
    Cine

    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla

    17 de Dic, 2025
    El hundimiento
    Opinión

    El hundimiento

    16 de Dic, 2025
    El documental ‘De todos lados un poco’, de Alex O’Doherty, se proyecta esta semana en Vigo
    Cine

    El documental ‘De todos lados un poco’, de Alex O’Doherty, se proyecta esta semana en Vigo

    15 de Dic, 2025
    Vigo brilla (de nuevo) en la gran pantalla de la mano de Daniel Sánchez Arévalo
    Cine

    Vigo brilla (de nuevo) en la gran pantalla de la mano de Daniel Sánchez Arévalo

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Beade se llena de música y tradición con el III Encuentro de Rondallas

    El concurso de rondallas de Vigo cambia de ubicación y ya espera a más de 300 personas

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo

    por Redacción
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Sin noticias del Dinoseto
    Más Vigo

    Sin noticias del Dinoseto

    Casi nadie recuerda al Dinoseto y mucho menos a su cría, personajes insignes de la ciudad de Vigo. Todo comenzó...

    por Julio Alonso
    09 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR