• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 10 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Festival Internacional de Cine Documental

    Joan As Police Woman encabeza o cartel de concertos do Play-Doc

    A cantante e compositora estadounidense presentará en Tui as cancións do seu novo álbum, "Let It Be You", en compañía do multiinstrumentista Benjamin Lazar Davis
    Redacción por Redacción
    02 de Feb, 2017
    en Cine
    0
    Joan As  Police Woman encabeza o cartel de concertos do Play-Doc

    A cantante, compositora e produtora estadounidense, acompañada polo multiinstrumentista Benjamin Lazar Davis, presentará en Tui o 24 de marzo o seu recentemente estreado quinto álbum, Let It Be You, así como temas clásicos da súa extensa discografía. A programación musical de Play Doc realízase un ano máis en colaboración co festivao Sinsal SON Estrella Galicia, e complétase coas actuacións de Star Rover (Brooklyn) e The Dirty Coal Train (Lisboa).

    A colaboración entre Play-Doc e Sinsal SON Estrella Galicia, festival de música que se celebra no mes de xullo na illa de San Simón (Redondela), ten como obxectivo pór en común ambas as experiencias e axuntar esforzos para ofrecer a mellor proposta musical posible ao público do festival de Tui. As entradas para os concertos están xa dispoñibles en venda anticipada en www.ticketea.com e en www.play-doc.com .

    Joan Wasser, coñecida musicalmente como Joan As Police Woman, é unha artista profundamente arraigada no soul pero que domina infinidade de estilos, tamén coñecida polas súas colaboracións con Antony and the Johnsons, Rufus Wainwright, Lou Reed, Sheryl Crow ou David Sylvian. Da súa primeira visita a Galicia foi responsable precisamente o Festival Sinsal no ano 2006, na cidade de Vigo.

    Wasser é orixinal de Connecticut, onde desde moi pequena realizou estudos de violín e piano. A súa carreira musical comezou na Universidade de Boston, cidade onde formou as súas primeiras bandas. En 1995 forma parte de Those Bastard Souls, pero tras o tráxico falecemento en 1997 do seu noivo, o lendario músico Jeff Buckley, ela e algúns dos membros do grupo do malogrado artista iniciaron un novo proxecto baixo o nome de Black Beetle.

    En 1999 uniuse a Antony and the Johnsons, con quienes gravou o exitoso álbum I Am A Bird Now, gañador dun Mercury Prize. Despois da separación de Black Beetle, en 2002 comeza en Nova York a súa etapa en solitario baixo o nome de Joan As Police Woman e presenta o seu primeiro EP. É entón cando Rufus Wainwright convídaa a unirse á súa banda para os concertos da súa xira daquel ano.

    En 2006, mentres continúa colaborando con outros artistas como David Sylvian, Guillemots ou Sheryl Crow, Wasser publica Real Life, o seu álbum de debut. Logo chegarían To Survive, The Deep Field e The Classic, para lanzar pocou despois dun interesante disco de versións chamado Cover no que interpreta de forma moi persoal temas de David Bowie, Jimmy Hendrix ou Iggy Pop.

    No seu estilo, descrito por ela mesma como ‘punk rock R&B e Soul Americano’, destílanse dous das súas grandes influencias: o soul clásico da Al Green e Nina Simone, e os sons máis duros e experimentais de Sonic Youth e Bad Brains, todo nunha mestura explosiva e natural.

    Let It Be You, o traballo que presentará o venres 24 de marzo na sala Metropol de Tui, xorde da colaboración co músico Benjamin Lazar Davis, que a acompañará neste concerto. Para a creación do álbum, ambos viaxaron por diversos lugares do continente africano inspirándose nos patróns musicais dos pigmeos da República Centroafricana, reinterpretándolos con instrumentos de rock convencionais como guitarras e teclados.

    O cartel musical complétase o sábado, día 25, coas actuacións de Star Rover e The Dirte Coal Train. A peculiar música deste talentoso dúo, fincado en Brooklyn, é difícil de catalogar aínda que podería definirse como punk pastoral. Os seus concertos son como expedicións interestelares inspiradas no estilo guitarrístico de John Fahey. Con apenas unha guitarra e unha batería, o grupo consegue xogar co tempo e as melodías das cordas de Will Graefe (Jesse Harris, Larkin Grimm) e da percusión de Jeremy Gustin (Marc Ribot, Albert Hammond Jr, Delicate Steve). Os seus directos son unha experiencia fóra do común.

    The Dirty Coal Train, mentres, é un power trio de garage punk portugués cuxas influencias van do rock dos sesenta cara a sons propios do rockabilly ou o surf, sempre mirando de esguello ao soul e o blues. Despois da súa xira por Europa e Brasil acompañando a grandes bandas como The Routes, Autoramas, The Gories ou The Smoogers, llegan a Play-Doc para presentar o seu último traballo, Super Scum. Música salvaxe pensada para ambientar noites tolas propias dunha peli de serie B.

    43

    RelacionadosArtículos

    Los decomisos de pescados y mariscos a furtivos aumentan un 13% en Galicia en lo que va de año
    Actualidad

    Los decomisos de pescados y mariscos a furtivos aumentan un 13% en Galicia en lo que va de año

    10 de Ago, 2025
    Caballero se pierde la designación de Lola Galovart como Valedora para esquivar a los vecinos de Bembrive
    Local

    Vigo aprobará una ampliación de presupuesto: «Y aún tenemos 100 millones de remanentes»

    10 de Ago, 2025
    Homenaje al circo en Nigrán: equilibristas, trapecistas, payasos y animales ficticios
    Nigrán

    Homenaje al circo en Nigrán: equilibristas, trapecistas, payasos y animales ficticios

    09 de Ago, 2025
    Evacuación de un turista por una fractura en Cíes
    Sucesos

    Evacuación de un turista por una fractura en Cíes

    09 de Ago, 2025
    Seis heridos en una colisión entre tres vehículos
    Cangas

    Seis heridos en una colisión entre tres vehículos

    09 de Ago, 2025
    El «vergonzoso estado» de las pistas de Samil obliga a trasladar el torneo internacional de tenis al Mercantil
    Local

    El «vergonzoso estado» de las pistas de Samil obliga a trasladar el torneo internacional de tenis al Mercantil

    09 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo vuelve a perder (otra vez) un socorrido atajo en pleno centro de la ciudad

    Vigo vuelve a perder (otra vez) un socorrido atajo en pleno centro de la ciudad

    por Redacción
    07 de Ago, 2025
    0

    La Xunta sentencia: confirma a Caballero por carta (como reclamaba) la financiación del túnel de Elduayen

    La Xunta sentencia: confirma a Caballero por carta (como reclamaba) la financiación del túnel de Elduayen

    por Europa Press
    07 de Ago, 2025
    0

    Tras las quejas de los usuarios de Samil, Caballero presume de financiar O Marisquiño con 1,3 millones

    Tras las quejas de los usuarios de Samil, Caballero presume de financiar O Marisquiño con 1,3 millones

    por Redacción
    05 de Ago, 2025
    0

    Vigo quedará aislada del tren durante 6 fines de semana de septiembre y octubre: los viajeros, en bus o taxi

    por Redacción
    05 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A fala de Vigo
    Más Vigo

    A fala de Vigo

    O Concello de Vigo, en colaboración coa Asociación Faladoiros de Vigo e a Universidade de Vigo, vén de publicar o...

    por Julio Alonso
    09 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    El eterno problema de la portería del RC Celta
    Opinión

    El eterno problema de la portería del RC Celta

    Se está hablando estos días en la prensa deportiva viguesa de si la portería celeste produce dudas en la afición...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR