22012020Mié
Última edición: Mié, 22 Ene 2020 9pm

O Festival de Cans terá un día máis na súa vindeira edición e lanza unha oferta de entradas

O certame celebrará a súa XVII edición entre o 19 e o 23 de maio de 2020, pasando de catro a cinco días

28 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O festival xa ten datas para a súa vindeira edición. O festival xa ten datas para a súa vindeira edición.

O Festival de Cans sumará un día máis de programación na súa XVII edición que se celebrará nesta aldea de O Porriño do 19 ó 23 de maio de 2020. Deste xeito, o certame arrancará un día antes do previsto, para estenderse durante cinco días, fronte ós catro que viña tendo ata agora, e rematar no penúltimo sábado de maio, habitual Día Grande do evento. A organización tomou esta decisión ante a gran cantidade de contidos de calidade que se prevén, moitos dos cales se irán desvelando nas vindeiras semanas.

O festival anuncia as datas da que será a súa XVII edición coincidindo coa súa presenza en Culturgal, a gran feira das industrias culturais de Galicia, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra, do venres 29 de novembro ata o domingo 1 de decembro. Cans terá un posto en Culturgal, e con este motivo lanzará unha oferta inicial de venda de entradas a un prezo moito máis baixo do habitual. Por só 15 euros poderá reservarse un pack de entrada, camiseta, catálogo do festival, chapa numerada e unha novidosa bolsa de tela que se venderá en exclusiva en Culturgal.

O prezo final deste paquete nos días do festival será de 33 euros, pero esta oferta de lanzamento a 15 euros limitarase só a 50 packs que só poderán reservarse no posto do Festival de Cans no Culturgal. Unha vez rematada esta oferta irán subindo de prezo ata o comezo do festival.

É a primeira vez na historia do festival que se lanza unha oferta de promoción de entradas destas características, coa finalidade de poder agasallar polo Nadal a reserva das entradas de Cans. É unha petición que a organización accederá a poñer en práctica despois de que moitas e moitos seguidores do certame tiñan transmitido como suxestión esta idea de activar un tramo de venda anticipada antes das festas.

Antes de que remate o ano, o Festival de Cans anunciará tamén as datas de apertura da convocatoria para enviar as curtametraxes e videoclips a concurso e comezar a etapa de visionado na procura da última fornada de creadoras e creadores audiovisuais

fitur 2020

tráfico

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos