10122019Mar
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

Vigo revive a historia de amor de Céline e Jesse en ‘Antes do amencer’

O ciclo Cine e Lingua proxecta de balde a primeira entrega da triloxía ‘Before’, con Julie Delpy e Ethan Hawke, que acadou o Oso de Prata do Festival de Berlín

13 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Un fotograma da película. Un fotograma da película.

Richard Linklater estreou en 1995 a primeira da chamada triloxía ‘Antes’, protagonizada por dous mozos Julie Delpy e Ethan Hawke. ‘Antes do amencer’ logrou tantos seguidores que o director tivo que darlle continuidade en dúas cintas máis –‘Antes do solpor’ e ‘Antes da medianoite’- nas que as personaxes crecen e os propios actores evolucionan.

Linklater logra crear un clásico do xénero de romance que conecta co espectador grazas á naturalidade da posta en escena, textos e interpretación. ‘Antes do amencer’, que se proxecta de balde este mércores (20.00 horas) no Auditorio do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (rúa Oliva, 3), logra facer unha das parellas cinematográficas máis compactas.

Céline (Julie Delpy) é unha estudante francesa e Jesse (Ethan Hawke) é un estadounidense que viaxa por Europa tras romper coa súa moza. Os protagonistas coñécense nun tren que viaxa a París. Jesse ten que baixarse en Viena e convence a Céline para que quede con el mentres agarda polo seu voo de volta a casa. Durante toda unha noite falta de amor, vida e morte. A película conseguiu no ano da súa estrea o Oso de Prata do Festival de Berlín.

O ciclo de Cine e Lingua, conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. O profesor do Centro, Keith Payne,  será o encargado de presentar as películas e moderar o coloquio posterior.

O ciclo Let’s go to the Flicks XI conta coa colaboración do Centro de visitantes Cambón. Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos