14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

O ciclo Cine e Lingua arranca en Vigo cun especial Samaín asinado por Orson Welles

O edificio Cambón acolle a proxección, con coloquio incluído, de ‘F for Fake’, unha das producións máis descoñecidas pero mellor valoradas do cineasta

30 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Orson Welles. Orson Welles.

A programación cultural da Universidade de Vigo achégase este xoves ao Parque Nacional Illas Atlánticas (edificio Cambón) co inicio do ciclo Cine e Lingua. Nesta ocasión, aproveitando a celebración do Samaín, este programa de películas en versión orixinal pasará de balde ‘F for Fake’ (1973), un filme pouco coñecido de Orson Welles pero que para moitos críticos é unha das súas mellores obras, incluso por riba de ‘Ciudadano Kane’.

O audiovisual fai referencia ao famoso episodio radiofónico ‘A Guerra dos Mundos’, emitido a noite do 30 de outubro de 1938 no que Orson Welles narraba unha invasión extraterrestre inspirándose na novela homónima de H.G. Wells. Os oíntes que non escoitaron a introdución do programa pensaron que era unha nova real, provocando o pánico entre a poboación de Nova Iorque. A comisaría de policía e as redaccións dos xornais bloqueáronse ante a repercusión do programa de radio. Ao día seguinte Welles pediu desculpas pola broma que fixera coincidindo con Halloween.

Ademais do episodio de radio, ‘F for Fake’ conta unha trama sobre o fraude e as falsificacións centrada na figura de Elmyer de Hory e o seu biógrafo, Clifford Irving, autor tamén da fraudulenta biografía de Howard Hughes.

O documental coa que arranca esta edición do ciclo Cine e Lingua, a pesar de estar rodada hai case 50 anos, está moi conectado coas chamadas ‘fake news’ que forman parte da sociedade actual e a súa propagación polas redes sociais.

O profesor do Centro de Linguas da Uvigo, Keith Payne, será o encargado de presentar as películas e moderar o coloquio posterior. A actividade comezará ás 20.00 horas no edificio Cambón, situado na rúa Oliva, 3. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos