24062019Lun
Última edición: Lun, 24 Jun 2019 1pm

cine

"Teño un proxecto para rodar en Galicia e xa lle ofrecín un dos papeis a Luís Zahera"

Rodrigo Sorogoyen fala no Festival de Cans sobre os seus próximos proxectos

25 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Rodrigo Sorogoyen subíase ao escenario Estrella Galicia na Leira de Alicia  para o coloquio acompañado polo actor Luís Zahera e Alfonso Pato. / Foto: Festival de Cans Rodrigo Sorogoyen subíase ao escenario Estrella Galicia na Leira de Alicia para o coloquio acompañado polo actor Luís Zahera e Alfonso Pato. / Foto: Festival de Cans

O director Rodrigo Sorogoyen subíase este sábado ao escenario Estrella Galicia na Leira de Alicia para o coloquio acompañado polo actor Luís Zahera e Alfonso Pato, director do Festival de Cans.

Sorogoyen compartiu cun atentísimo público como foi en ascenso a súa carreira como director nos dous últimos anos e tamén falou de proxectos futuros e doutros nos que anda inmerso: "foi unha tolemia, sobre todo, o tempo que pasou entre a rodaxe de El Reino e da curtametraxe Madre. O meu equipo e eu tivemos moita sorte de que as dúas pezas gustaran tanto, recibín moi boas palabras do público e iso alégrame moito e dáme forzas para seguir traballando. Este tempo foi unha nebulosa, non me lembro moito de estar no Festival de San Sebastián nin dos Oscar".

Tamén contou que a primeira idea que quería transmitir con El Reino era mostrar como actúan os políticos das altas esferas, pero o guión que Sorogoyen realizou con Isabel Peña virou ao centrarse nun político dun rango menor para que o espectador empatizara coa figura do corrupto. Unha idea que funcionou e que converteu a El Reino nunha das películas máis premiadas nos Premios Goya. Sorogoyen tamén reflexionou arredor do éxito do filme: "o éxito ten un equilibrio raro, é algo bastante abstracto", xa que aínda que a película obtivo moito recoñecemento ese éxito non se reflectiu en taquilla.

Pola súa banda, o actor Luís Zahera, que levou un Goya ao Mellor actor secundario por El Reino, falou do fácil que é traballar co director: "É un director distinto, porque el é autor do texto (xunto a Isabel Peña) e coñéceo moi ben, entón ten outras dinámicas... é como eu lle digo, un director de contacto". Zahera tamén dixo que gañar o Goya lle fixo moita ilusión: "si pero non llo digades a ninguén. Gañar un Goya ten o que lle chamo o factor surfista cando collen unha boa ola".

Noutro dos momentos da conversa o director Alfonso Pato preguntoulle polos seus últimos proxectos. Sorogoyen adiantou que grabará en Galicia proximamente: "teño en mente a idea dunha película que se grabará nunha aldea de Ourense que aínda está por localizar. Tratará sobre unha parella de estranxeiros que veñen a vivir aquí, con dous personaxes galegos moi potentes, un deles é de Goya e ofrecinllo a Zahera".

Esta mañá tamén acolleu outros momentos como o CanSonoro con Xurxo Souto, un roteiro cheo de música que estivo moi afluído e que homenaxeou ao grupo Os Catro Ventos coa inauguración dunha placa na Casa de Marisol no Barrio do Castillo ou a proxección da sección Ultravioleta. A tarde e a noite deste día grande do Festival agárdannos moitas actividades infantís no Parque do Río; a proxección do Jalpón dos Oscar; os concertos e proxeccións no Invernadoiro de Mucha do Peso con Chisme, Budiño e Antón Reixa; as actuacións no Escenario Fundación SGAE no Cans Voulevar con MJ Pérez, Patricia Moon e Raiceira; ou o peche coa entrega de premios e o posterior concerto do Gran Wyoming y Los Insolventes

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sos desaparecidos

conciertos

exposición

televisión

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos