18062019Mar
Última edición: Mar, 18 Jun 2019 10pm

‘O método Morris’: o actor vigués imparte un seminario-charla de interpretación

O Festival Primavera do Cine organiza unha lección do popular artista no auditorio do Concello

15 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Morris. Morris.

Morris é sen dúbida un dos actores máis recoñecidos e recoñecibles dentro do mundo da interpretación en Galicia. Son moitos os que o lembran dos seus papeis en series tan populares como ‘Pratos Combinados’ , ‘Padre Casares’ e, máis recentemente, ‘Fariña’. Pero Antonio Durán é moito máis.

Ao longo dos seus máis de 30 anos de experiencia interpretativa, Morris participou en máis de 25 longametraxes, máis de 20 obras de teatro, centos de capítulos en series de televisión dentro e fóra de Galicia e estivo nomeado ata en 17 ocasións aos Premios Mestre Mateo nos que conseguiu cinco figuras.

Toda esa experiencia é a que pretende ofrecer nunha charla de interpretación que levará a cabo o sábado 4 de maio de 11.00 a 13.00 horas no auditorio do Concello de Vigo como parte das actividades do Festival Primavera do Cine, que comeza coa sección oficial o 30 de abril e remata o 5 de maio.

O nome escollido é ‘O método Morris’ e ao longo de dúas horas, o actor tentará desentrañar os segredos do que el mesmo chama “actuación autodidacta”, unha forma totalmente orixinal e xenuína de involucrarse en cada personaxe ata facelo seu, creado tras máis de tres décadas vinculado á interpretación. Ademais, tamén falará das experiencias que viviu dende dentro do audiovisual galego así como da súa evolución como actor.

O Festival Primavera do Cine xa recoñeceu o inxente labor de Morris en 2017 outorgándolle a Mención Honorífica. O actor sempre defendeu a necesidade de que exista un festival de cine en Vigo e decidiu sumarse a el ao igual que fixeron o director Álvaro Gago e o director de animación, ilustrador e debuxante de cómics Alberto Vázquez.

 Todos os interesados en acudir ao seminario-charla do sábado 4 de maio, poden inscribirse a través da web por 10 euros.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

furtivismo

festival

sucesos

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos