18062018Lun
Última edición: Dom, 17 Jun 2018 10pm

O Festival de Cans bate un novo récord de obras inscritas

O festival recibiu nesta edición un total de 252 pezas fronte ás 235 do pasado ano 2017 e as 215 do ano 2016

12 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A organización pon de novo en marcha a campaña "Amadriña ou apadriña un jalpón" coa finalidade de atopar o apoio de empresas e entidades para completar o seu financiamento. A organización pon de novo en marcha a campaña "Amadriña ou apadriña un jalpón" coa finalidade de atopar o apoio de empresas e entidades para completar o seu financiamento.

O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 252 producións galegas, o que supón máis dun 7% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 235 traballos. Cabe destacar que esta é a cifra de pezas audiovisuais que cumplen os requisitos necesarios para poder ser valoradas á hora de formar parte das categorías a concurso, xa que de ter en conta todo o material recibido, a cifra sería superior ás 300 obras.

Divididas por categorías recibíronse un total de 68 curtametraxes de ficción, 43 de non ficción, 15 de animación e 105 videoclips. Ademais, recibíronse tamén 21 obras de diferentes fomatos, que nalgúns casos comporán as diversas seccións paralelas dos festival.

Estes datos constatan que estamos nun prolífico momento na creación audiovisual galega, e que edición tras edición, o festival pode acadar un paso adiante, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo. A organización móstrase tamén gratamente sorprendida da boa acollida da súa nova categoría competitiva, Furacáns, na que se recibiron, tal e como se citou anteriormente, 43 obras de non ficción.

Con respecto ao apartado de curtametraxes de ficción, segue rexistrándose -ao igual que nos pasados anos- un gran volume de traballos de creadores e creadoras galegos que viven e desenvolven a súa actividade profesional fóra de Galicia. Así o constatan as produción recibidas dende lugares como Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao, Portugal, Inglaterra, Estados Unidos, Italia ou Hungría. Obsérvase tamén como dato moi positivo a recepción do mesmo número de curtametraxes de animación que na pasada edición pese a ser unha modalidade que esixe un traballo moi complexo, o que garante a constitución desta categoría nesta edición do festival.

No tocante aos videoclips, esta foi a categoría que máis medrou con respecto ao 2017, ao recibirse foron 105 as pezas fronte ás 73 da pasada edición. As pezas recibidas nesta categoría, que abranguen estilos tan distintos coma o folk, o rock, o hip-hop, o funk, o pop ou a música electrónica, competirán na Noite Gía dos videoclips, que se celebrará na noite do xoves 24 de maio.

Dá comezo agora para a organización un exhaustivo e laborioso proceso de visionado e selección, que se prolongará durante varias semanas e a través do cal se elixirán as obras finalistas en cada categoría.

 

Amadriña ou apadriña un jalpón
O Festival traballa tamén a contrarreloxo tratando de buscar patrocinadores privados que poidan facer achegas para tratar de completar o orzamento do festival. Dende esta mesma semana, a Asociación Arela -organizadora do festival- pon en marcha a campaña "Apadriña un jalpón", buscando empresas que busquen unha repercusión publicitaria asociando a súa marca aos jalpóns de proxección do festival de Cans, que se celebrará entre o 23 e o 26 de maio.

O pasado ano, esta campaña tivo unha gran demanda, e varios patrocinadores tiveron que quedar fóra a última hora, xa que só haberá 8 jalpóns disponibles para apadriñar ou amadriñar e as adxudicacións lévanse a cabo por orde de petición.

Ademais, nesta XVI edición, incorporarase ao Torreiro de Cans unha nova pantalla led xigante que permitirá tamén a opción de proxectar spots de empresas nas horas de maior concurrencia do festival. Os interesados e interesadas poden poñerse en contacto coa organización a través das redes sociais do festival ou escribindo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

música

sanidad

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos