13122017Mié
Última edición: Mié, 13 Dic 2017 1pm

 

‘Anticristo’, de Lars Von Trier, dá comezo ao ciclo de cine gratuíto co gallo do Pergamiño Vindel

A película proxectarase este xoves nos Multicines Norte de Vigo

06 Diciembre 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Fotograma da película. Fotograma da película.

O ciclo ‘VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual’ bota a andar este xoves ás 20:10 horas nos Multicines Norte co gallo da presencia do Pergamiño Vindel en Vigo. ‘Anticristo’, dirixida por Lars Von Trier, será a primeira película que se proxecte.

O filme supón o despegue dos ciclos de cine arredor do medievo, que levarán un total de 21 proxeccións ás pantallas da cidade olívica -a través de Multicines Norte-, Santiago de Compostela –no Numax- e da Coruña -no Centro Galego de Artes da Imaxe. CGAI- nas vindeiras semanas. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala.

A selección de títulos realizada polos programadores das salas que participan nesta iniciativa vaille permitir ao público gozar dunha serie de filmes de destacados directores dos séculos XX e XXI.

‘Anticristo’ estreouse no Festival de Cannes de 2009. Potagonizada por Willem Dafoe e Charlotte Gainsbourg, quen gañou o premio á mellor actriz no certame, a cinta é o comezo da chamada “triloxía da depresión” do laureado realizador danés Lars Von Trier, da que forman tamén parte ‘Melancolía’ e ‘Nymphomaniac’.

O pase supón a oportunidade de revisar unha película rodeada de polémica desde a súa estrea e que aínda no 2016, sete anos despois da súa estrea, foi prohibida en Francia.

Clásicos do século XX
‘Anticristo’ é o único filme deste século que os Multicines Norte programan dentro deste ciclo, viaxando ata o pasado século para ofrecer ao espectador unha visión clásica do medievo. Así, o 14 de decembro, ‘Campanadas a Medianoche’, dirixida e interpretada por Orson Welles en 1965 ofrece unha adaptación de varias obras de William Shakespeare para narrar a coñecida como Guerra dos Cen Anos, cando Enrique IV, primeiro monarca da dinastía dos Lancaster, lle arrebata o trono ao seu primo Ricardo II.

Outro clásico, ‘Os contos de Canterbury’, de Pier Paolo Pasolini, proxectarase o 11 de xaneiro. O 1 de febreiro, ‘El Cid’ de Anthony Mann chega ás pantallas de Multicines Norte para recuperar a historia do lendario cabaleiro español. Ines de Castro, de J. Leiato Barros, conta a historia de amor da doncela galega e o infante portugués que ten inspirado durante séculos á literatura do país veciño. Proxéctase o 22 de febreiro.

Pechará o ciclo en Vigo a proxección, o 15 de marzo, de ‘Reina Santa’, de Rafael Gil, unha coprodución hispano lusa que abunda na historia de traizóns e  sospeitas que rodeou o matrimonio de estado entre Isabel de Aragón e Dionisio de Portugal.

Programación dedicada ao Pergamiño Vindel
A páxina web de Cultura, en https://www.cultura.gal/gl/programacion-actividades, pode consultarse toda a programación dos ciclos, así como do resto de actividades que a Xunta de Galicia está a desenvolver arredor da mostra ‘Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas’, que se exhibe no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, ata o vindeiro 4 de marzo.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

infraestructuras

borrasca "ana"

sequía

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos