26092018Mié
Última edición: Mar, 25 Sep 2018 8pm

A última película de Marilyn Monroe e Clark Gable, no ciclo da Universidade de Vigo

"The Misfits" foi dirixida por John Huston con guión do que fora marido da actriz protagonista, o dramaturgo Arthur Miller

15 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A longametraxe conta a vida de Roslyn (Marilyn Monroe), unha muller que acaba de divorciarse e se atopa con dous amigos, Guido (Eli Wallach) e Gay (Clark Gable). A longametraxe conta a vida de Roslyn (Marilyn Monroe), unha muller que acaba de divorciarse e se atopa con dous amigos, Guido (Eli Wallach) e Gay (Clark Gable).

"The Misfits", a última longametraxe de Marilyn Monroe e Clark Gable, proxectarase mañá en versión orixinal con subtítulos dentro do Ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo. A cinta foi dirixida por John Huston con guión do que fora marido da actriz protagonista, o dramaturgo Arthur Miller.

A longametraxe conta a vida de Roslyn (Marilyn Monroe), unha muller que acaba de divorciarse e se atopa con dous amigos, Guido (Eli Wallach) e Gay (Clark Gable), cos que pasa uns días. Os dous homes namóranse dela e pronto amosarán os seus trazos máis negativos. A aparición dun terceiro amigo, Perce (Montgomery Clift), fai a convivencia insostible.

Esta é a sétima edición do ciclo Cine e Lingua, Let´s go to the Flicks, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Cultural da Universidade de Vigo e que proxectará este cuadrimestre no Edificio Cambón cinco longametraxes, todas elas en versión orixinal (inglés) con subtítulos en castelán.

Ao remate da proxección, presentará e moderará un coloquio o profesor do Centro de Linguas, Keith Payne.

CICLO CINE E LINGUA

The Misfits (John Huston, 1961)

Data: 15 de novembro de 2017

Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

vigo

comarcas

escapada

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos