27052017Sáb
Última edición: Sáb, 27 May 2017 1pm

cine

“A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans

Cans acollerá a estrea mundial do filme das irmáns Miriam e Sonia Albert-Sobrino, as Also Sisters, que virán desde Utah, onde residen, para estar presentes no Festival

20 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Como broche final da presentación, o festival fixo pública a súa canción oficial, un tema composto por Eladio Santos, músico de Eladio y los Seres Queridos, e que leva por título “Se ti vés comigo a Cans”. / Foto: Festival de Cans Como broche final da presentación, o festival fixo pública a súa canción oficial, un tema composto por Eladio Santos, músico de Eladio y los Seres Queridos, e que leva por título “Se ti vés comigo a Cans”. / Foto: Festival de Cans

O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de "A historia dun satélite", unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters. Trátase do filme debut destas irmás xemelgas, filmado na Universidade de Utah -na que agora son docentes- e asesorado por Sterling Van Wagenen, cofundador do Festival de Sundance.

Dende que comezaron a producir as súas primeiras curtametraxes, as Also Sisters viron as súas curtas proxectadas nas pantallas de prestixiosos festivais coma o Festival Internacional de Cinema de Edimburgo, o Festival de Raindance, Cinespaña e tamén no Festival de Cans, no que estiveron dúas veces como participantes a concurso. Sonia e Miriam son o perfil de realizadoras idóneas para o noso certame: debutantes, que dan o salto do mundo da curtametraxe ao da longa e que creceron como profesionais a medida que o fixo tamén o Festival.

Así o indicou este xoves a presidenta da Asociación Arela, Keka Losada, na presentación da imaxe gráfica e as camisetas do XIV Festival de Cans que tivo lugar na tenda do Rei Zentolo en Santiago de Compostela. O deseño, realizado por Rei Zentolo, baseouse esta ocasión nunha fotografía real da propia organización do festival que reflicte o espírito de cooperación, participación e traballo colaborativo polo que se caracteriza o Festival de Cans. Na imaxe central, varias persoas están portando un “can de Cans”, rodeados de elementos tan característicos do festival coma o chimpín, a igrexa que se sitúa ao lado do Torreiro ou as estrelas coas que deixan pegada cada ano as personalidades máis destacadas que pasan polo certame.

Cartaz e a camiseta desta edición
O cineasta Alfonzo Zarauza, membro do xurado de curtametraxes do XIV tamén fixo públicos os nomes das persoas que o acompañarán na tarefa de outorgar os premios dun concurso que "contará con 16 curtas de ficción e non ficción e 5 de animación". Serán Luisa Romeo -produtora de cinema-, Mara Torres -xornalista-, José Antonio Quirós -cineasta-, Sonia Castelo -actriz-, Diana Toucedo -docente, cineasta e montadora- e César Goldi -actor-.

Como broche final da presentación, o festival fixo pública a súa canción oficial, un tema composto por Eladio Santos, músico de Eladio y los Seres Queridos, e que leva por título “Se ti vés comigo a Cans”. O artista tocou o tema en directo esta mañá ante as persoas asistentes e volverá facelo durante o concerto que ofrecerá o sábado 27 de maio no Espazo Mahou da Leira de Alicia.

Na presentación, o Festival de Cans avanzou tamén que os festivais afectados polo problema das axudas, chegaron esta semana a un acordo con Agadic, para que este organismo poida aportar aos festivais unha parte das axudas solicitadas e se axude a paliar o déficit de partida co que varios festivais arrancarán nesta edición.
Fai click aquí para descargar a canción "Se ti ves comigo a Cans", de Eladio y los Seres Queridos

O próximo martes 25 de abril ás 10h00 poñeranse á venda na tenda virtual do festival os primeiros 600 packs de entrada+camiseta, pensados exclusivamente para os máis fieis seguidores do certame. Como agasallo e agradecemento a esa fidelidade incondicional recibirán tamén unha chapa exclusiva e de tirada limitada. Ademais, os compradores poderán recoller tamén de forma gratuíta durante os días do festival o catálogo con información ampliada de todas as actividades. O prezo do pack completo é de 21,50 € (cun prezo real que correspondería a 26 € sen oferta) e poderá recollerse a partir do día 10 de maio nas tendas do Rei Zentolo en diversas cidades de Galicia, así como na tenda Tía Tata do Porriño.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner limpieza b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos