21042018Sáb
Última edición: Sáb, 21 Abr 2018 2pm

 

ciclo de cine

"Babel", de González Iñárritu, no ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo

Aprázase o comezo da Mostra Internacional de Teatro Universitario a próximas datas

14 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
"Babel" gañou o Globo de oro á mellor película dramática no ano 2007. "Babel" gañou o Globo de oro á mellor película dramática no ano 2007.

O ciclo Cine e Lingua programado pola Universidade de Vigo, proxecta este mércores a película Babel do director Alejandro González Iñárritu. Protagonizada por Brad Pitt, Cate Blanchet, Gael García Bernal, Adriana Barraza e Koji Yakusho, forma parte da triloxía da morte do realizador mexicano, precedida por Amores perros e 21 gramos.

Babel gañou o Globo de oro á mellor película dramática no ano 2007 e foi candidata a sete premios Óscar, entre eles mellor película e mellor director. Finalmente só conseguiu o premio na categoría de mellor banda sonora.

A película comeza cando dous nenos marroquís están a probar o rifle do seu pai ferindo de gravidade a unha turista americana (Cate Blanchet). O suceso provocará unha serie de consecuencias noutras partes do mundo: na vida dunha adolescente xorda que vive en Tokio e nunha neneira mexicana que vive en Estados Unidos.

Por outra banda, aprázase o comezo da Mostra Internacional de Teatro Universitaria de Vigo, Miteu, que estaba previsto para mañá coa representación de Don Giovanni a cargo do grupo da Comedia da Arte da ESAD de Vigo. Nos próximos días, comunicarase a nova data. Forman este ano a Miteu un total de seis obras.

Babel

Alejandro González Iñárritu, 2006

Data: Mércores, 15 de marzo

Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

  • El mejor café de España se sirve en Vigo
    El mejor café de España se sirve en Vigo El barista vigués Marcos González, que representaba a Galicia, se ha proclamado vencedor del Campeonato de España Fórum del Café, siendo distinguido como Barista de Oro 2018. En la gran final, disputada este miércoles, también ha obtenido el premio al…
    Leer más...

medio ambiente

  • Playa y chapuzón de una nutria en Vigo
    Playa y chapuzón de una nutria en Vigo Retozándose en la arena totalmente ajena al mundo y disfrutando tranquilamente del agua para refrescarse del calor. Así se pudo ver este miércoles a una nutria en las playas de Vigo. Rondando por el arenal de la Calzoa, junto a…
    Leer más...

andainas

mobilidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos