10122019Mar
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

FESTIVAL DE CINEMA DE MÁLAGA

Cine vigués e cociña galega no Festival de Málaga

“Cociñando no fin do mundo”, ópera prima do director Alberto Bahamonde co apoio da Deputación, preséntase na cidade andaluza

23 Abril 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)

A nova aposta da Deputación de Pontevedra na sua estratexia de promoción turística chega este domingo a Málaga. “Cociñando no fin do mundo” é a ópera prima do director vigués Alberto Bahamonde e se presenta na cidade andaluza, tras pasar polo Festival de San Sebastián e proxectarse en Berlín e Australia.

Da man de nove cociñeiros da provincia de Pontevendra, pertencentes todos eles ao Grupo Nove, e diferentes produtores, “Cociñando no fin do mundo” permitirá dar a coñecer produtos e paisaxes das Rías Baixas: o tradicional cocido ou a pesca de lamprea, os viñedos da D.O. Rías Baixas, a horta aromática da leira de Pepe Veira ou o traballo de Misión Biolóxica con variedades como o “guisante lágrima”.

Tras a proxección, terá lugar unha sesión vermouth, amenizada pola música de Radio Pesqueira, autores da banda sonora do documental, onde se poderán degustar produtos típicos das Rías Baixas da man de dous dos chefs que participan no documental, Pepe Solla (Restaurante Casa Solla en Poio) e Javier Oleiros (Restaurante Culler de Pau no Grove), membros do Grupo Nove, recoñecidos ambos con 1 estrela Michelin.

O pasado ano a provincia de Pontevedra recibiu a 316.792 turistas, sendo Andalucía a terceira comunidade autónoma española en canto a número de visitantes. Un número que, sen dúbida, crecerá tras a posta en marcha dunha nova liña aérea Vigo-Málaga que, en breve, empezará a operar Air Nostrum, que se suma así ás dúas compañías que xa prestan este servizo.

O Grupo Nove (nove.biz) foi creado en 2003, e reivindica a modernidade e vixencia da nova cociña galega, sen renunciar ás orixes da vangarda gastronómica. Formado, na actualidade, por 22 cociñeiros, conta con 8 estrelas Michelin. No documental “Cociñando no fin do mundo” interveñen nove deles: Alberto G. Prelcic, Restaurante Silabario de Tui e estrela Michelin; Antonio Botana, Restaurante Pandemonium de Cambados; Iñaki Bretal, Restaurante Eirado dá Leña en Pontevedra; Javier Oleiros, Restaurante Culler de Pau no Grove e estrela Michelin; Pablo Romeu, da vinoteca Bagos de Pontevedra; Pepe Solla, do Restaurante Casa Solla de Poio e estrela Michelin; Rafael Centeo, do Restaurante Maruja Limón de Vigo e estrela Michelin; Xosé Torres Cannas, do Restaurante Pepe Veira de Poio e estrela Michelin, e Yayo Daporta, do Restaurante Yayo Daporta de Cambados e estrela Michelin).

A primeira longametraxe documental sobre cociña galega conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas e a presidenta, Carmela Silva, exercerá de embaixadora xunto a aos chefs Pepe Solla e Javier Oleiros.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos