22092019Dom
Última edición: Dom, 22 Sep 2019 7pm

universidade de vigo

"O último voo do flamingo", cine portugués en versión orixinal no Ciclo Cine e Lingua

Proxéctase este mércores no Auditorio do Edificio Cambón (Casco Vello) a partir das 20.00 horas

12 Abril 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
O último voo do flamingo (João Ribeiro, 2010). O último voo do flamingo (João Ribeiro, 2010).

"O último voo do flamingo" (João Ribeiro, 2010) é a longametraxe en versión orixinal que se proxectará mañá no Ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo.

Trátase dunha película rodada en portugués que conta a desaparición de cinco cascos azuis da ONU despois da guerra civil de Mozambique. Tras varias explosións, so aparecen os cascos e os xenitais dos soldados. O tenente Massimo Risi (Carlo D’Ursi) será o encargado de pescudar o acontecido. Este ciclo proxéctase no Auditorio do Edificio Cambón (Casco Vello) a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión, ao remate da proxección, haberá un coloquio moderado pola profesora Paula Querido.

CICLO CINE E LINGUA: MULTILINGÜE

O último voo do flamingo

Data: Mércores, 13 de abril

Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo.

Inicia sesión para enviar comentarios

marítima

navidad

movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos