• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 11 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Dúas xoias cinematográficas ocultas durante décadas verán a luz no festival Play Doc

    O suízo Walter Saxer, produtor de Werner Herzog, acudirá ao certame de cinema para presentar unha película inédita en España
    Redacción por Redacción
    05 de Ago, 2021
    en Cine, Tui
    0
    Dúas xoias cinematográficas ocultas durante décadas verán a luz no festival Play Doc

    Walter Saxer. / Foto: Jorge Roa

    O festival Play-Doc avanza novidades sobre a programación da que será a súa décimo sétima edición e que se celebrará en Tui do 22 ao 26 de setembro. Ademais das primeiras retrospectivas españolas dos norteamericanos Manfred Kirchheimer e Bette Gordon, no certame deste ano poderanse ver dous verdadeiros descubrimentos cinematográficos: dúas películas nunca antes vistas no noso país e que foron realizadas na década dos oitenta.

    A primeira delas leva por título ‘Sepa: Nuestro Señor de los milagros’ (1987) e está dirixida polo suízo Walter Saxer, coñecido por ser o produtor dunha das producións máis difíciles da historia do cinema:  ‘Fitzcarraldo’ (1982), do realizador alemán Werner Herzog e gañadora da Palma de Ouro á mellor película en Cannes. Sepa era o nome dunha colonia penal ao aire libre creada en 1951 polo goberno de Perú como parte dun programa de colonización do Amazonas, cuxo obxectivo era o de promover a agricultura entre os presos no medio da selva peruana. É precisamente durante a rodaxe de Fitzcarraldo onde nace esta perturbadora película, xa que Saxer descubrirá este presidio de camiño ao lugar desde onde debía partir o famoso barco de vapor que aparece na película de Herzog.

    ‘Sepa: Nuestro Señor de los milagros’ –a única obra de Saxer como director e en cuxa narración participou tamén o escritor e Premio Nobel de Literatura, Mario Vargas Llosa–, supón o único documento visual desta penitenciaría experimental da que practicamente non existen vestixios. Esquecida durante 34 anos, esta película reflexiona sobre os conceptos de xustiza, crime, castigo e redención, e sobre a filosofía detrás desta singular cárcere na que os presos camiñan libres e viven xunto ás súas familias, abandonados á súa sorte no corazón da asfixiante selva amazónica.

    Walter Saxer, o cerebro e brazo executor das producións máis difíciles de Werner Herzog -ademais de Fitzcarraldo, tamén produciu ‘Aguirre, a cólera de Deus’ (1972), ‘O enigma de Gaspar Hauser’ (1974) ou ‘Nosferatu, vampiro da noite’ (1979), entre outras. O cineasta impartirá en Tui unha clase maxistral moi especial na que compartirá as súas experiencias no mundo do cinema, falará dos seus traballos con Herzog ou Klaus Kinski, de como se produce unha película baixo as condicións máis extremas e, entre outras cousas imposibles, de como subir un barco a unha montaña.

    Outra das sorpresas desta edición de Play-Doc será a exhibición da última película recuperada polo Filmmuseum de Munich do singular realizador alemán Wolf Eckart Bühler, recentemente falecido, e a quen Play-Doc dedicou unha pequena retrospectiva no 2019. O propio Bühler presentou entón o seu extraordinario díptico sobre o actor norteamericano Sterling Hayden, coas excelentes ‘Der Havarist’ (1984) e ‘Leuchhturm des Chaos’ (1983). Nesta ocasión, a súa viúva  Hella Kothmann acudirá de novo a Tui para acompañar a estrea española de ‘Amerasia’ (1985), considerada por moitos críticos como a súa mellor película.

    A medio camiño entre o documental e a ficción, ‘Amerasia’ segue o regreso ao sueste asiático dun ex combatente da guerra de Vietnam, na súa procura dunha nena non desexada, como tantos outros fillos nados de soldados norteamericanos, nunha especie de versión persoal de Bühler de  ‘Centauros do deserto’ (1956) de John Ford.

    Wolf Eckart Bühler foi un viaxeiro infatigable, un crítico magnífico e un cineasta extraordinario que exerceu sen dúbida unha grande influencia, aínda que subliminar, na cultura cinematográfica alemá. Porén, Bühler foi un gran descoñecido para a historia do cinema. Cómpre salientar que lle gustaba escribir, precisamente, sobre cineastas que durante moito tempo foron esquecidos, como Irving Lerner, Leo  Hurwitz ou mesmo Jacques Tourneur.

    Neste sentido, o labor de recuperar, redescubrir e reivindicar a obra de realizadores como Wolf Eckart Bühler, Walter Saxer, Manfred  Kirchheimer ou Bette Gordon, foi sempre un dos desexos do festival galego. Ao longo da súa traxectoria, Play-Doc destacou a importancia de moitos cineastas perdidos, descoñecidos, esquecidos ou censurados, como o norteamericano Peter  Emanuel Goldman, o cubano Nicolás Guillén Landrián, o polaco Bogdan Dziworski ou os brasileiros Ozualdo Candeias e Aloysio Raulino, entre outros.

    43

    Tags: cinePlay Doc

    RelacionadosArtículos

    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Una película rodada en Vigo se cuela en el top 10 de las cintas más taquilleras en España

    30 de Dic, 2025
    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano
    Cine

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano

    20 de Dic, 2025
    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla
    Cine

    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla

    17 de Dic, 2025
    El hundimiento
    Opinión

    El hundimiento

    16 de Dic, 2025
    El documental ‘De todos lados un poco’, de Alex O’Doherty, se proyecta esta semana en Vigo
    Cine

    El documental ‘De todos lados un poco’, de Alex O’Doherty, se proyecta esta semana en Vigo

    15 de Dic, 2025
    Vigo brilla (de nuevo) en la gran pantalla de la mano de Daniel Sánchez Arévalo
    Cine

    Vigo brilla (de nuevo) en la gran pantalla de la mano de Daniel Sánchez Arévalo

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    Un parking del centro de Vigo se suma a las rebajas: podrás aparcar medio día por menos de 5 euros

    Un parking del centro de Vigo se suma a las rebajas: podrás aparcar medio día por menos de 5 euros

    por Redacción
    08 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos
    Más Vigo

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos

    Hace años que el aeropuerto de Peinador se enfrenta a una variada y espinosa competencia: por una parte, los demás...

    por Julio Alonso
    10 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ
    Libros

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Fátima Rodríguez Carrera logrou o segundo premio do I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ co seu relato «Pequeno busca fogar»....

    por Redacción
    11 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR