Design for Living foi dirixida e producida por Lubish en 1933. A película, baseada na obra de de Noel Coward, poderá verse en versión orixinal no ciclo Cine e Lingua mañá 13 de decembro. A historia comeza cando dous americanos instalados en París, o pintor Curtis e o dramaturgo Chambers, coñecen nun tren a Gilda, unha muller que traballa nunha axencia de publicidade.
Esta é a sétima edición do ciclo Cine e Lingua, Let´s go to the Flicks, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Cultural da Universidade de Vigo e que proxectará este cuadrimestre no Edificio Cambón cinco longametraxes, todas elas en versión orixinal (inglés) con subtítulos en castelán.
Ao remate da proxección, presentará e moderará un coloquio o profesor do Centro de Linguas, Keith Payne.
CICLO CINE E LINGUA Design for living (Ernst Lubish, 1933) Data: 13 de decembro de 2017 Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo. |