• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 8 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    cine

    As mulleres de Icíar Bollaín, protagonistas en Vigo: desde Trini e Niña ata Maixabel

    O laboratorio creativo Conecta Lab, promovido pola Deputación e CREA, organizou un encontro no Museo Marco, no que a cineasta madrileña fixo un repaso polas personaxes femininas da súa filmografía
    Redacción por Redacción
    16 de Abr, 2023
    en Cine
    0
    O laboratorio creativo promovido pola Deputación e CREA organizou o encontro, no que a cineasta madrileña fixo un repaso polas personaxes femininas das súa filmografía

    Desde Trini e Niña ata Maixabel, pasando por Pilar, Rosa ou Carmen, Inés e Eva. Son só algunhas das mulleres da cinematografía de Icíar Bollaín que a recoñecida directora madrileña fixo protagonistas da clase maxistral “A construción de personaxes femininos” que impartiu esta tarde no Marco de Vigo no marco de Conecta Lab, o laboratorio creativo que organizan conxuntamente a Deputación e a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización (CREA).

    De onde xurdiron, como foi o proceso de investigación para crealas e incluso como foron evolucionando a medida que se ían gravando as películas, porque as súas son personaxes en constante evolución, foron as liñas centrais da conferencia da directora que ateigou o salón de actos do museo vigués, no que tamén se deron cita a deputada provincial Ana Mejías, o presidente de CREA, Fon Cortizo, as persoas coordinadoras da Vigo Film Office, Amalia Mauleón e Pablo Cameselle, e o director do museo, Miguel Fernández Cid.

    Se algo caracteriza á obra de Icíar Bollaín son as personaxes femininas, que son habitualmente protagonistas das súas películas, ao principio de maneira inconsciente e, co paso do tempo, moito máis consciente. Así, a directora madrileña confesou que nos seus inicios como actriz en ocasións costáballe identificarse coas personaxes que tiña que representar polo que facían, por onde vivían ou polo que lles pasaba, e foi iso o que a levou a contar ela as historias.

    As mulleres de Icíar Bollaín, protagonistas en Vigo: desde Trini e Niña ata Maixabel

    De aí xurdiron as protagonistas de “Hola estás sola” coas que, case sen querer, rompeu estereotipos maternais, ou como bebeu da realidade coas noticias sobre as caravanas de mulleres da década dos 90 a levaron a crear a Milady, Patricia e Marrirosi, tres mulleres completamente opostas que rematan nunha aldea castelá sen mulleres ‘casadeiras’ nin futuro. Tamén foron moi protagonistas da clase maxistral Pilar e a súa historia de amor-odio co seu maltratador en “Te doy mis ojos”, que levou a Icíar Bollaín a acudir, durante meses, a un centro de mulleres en Toledo para coñecer historias reais.

    Delas e de todas as mulleres que protagonizaron as máis de dez películas que ten ás súas costas charlou a cineasta cos e coas asistentes a esta clase maxistral. Continuou con Carmen, Inés e Eva, de “Mataharis”; as mulleres indíxenas colombianas de “También el agua”; Laia, a mestra catalá que viaxa a “Katmandú”; Alma, protagonista de “El Olivo”; as figuras femininas máis importantes da vida de Carlos Acosta en “Yuri”; a modista Rosa en “La boda de Rosa”; ou Maixabel Lasa e a súa desgarradora historia en “Maixabel”, a súa última película ata a data. En xeral, mulleres fortes, empoderadas e capaces coas que Bollaín busca suplir, en certa parte, a falta de protagonismo feminino que ten a filmografía española.

    Un roteiro polas localizacións de Vigo

    Previo á celebración da clase maxistral, as e os creadoras/es participantes no laboratorio creativo Conecta Lab tiveron a posibilidade de facer unha ruta polas mellores localizacións para gravar na cidade olívica da man da Vigo Film Office. Desta maneira, tras chegar á cidade en barco desde a Illa de San Simón, exploraron lugares como o peirao de colectores, o porto ou a casco histórico, para rematar cunha visita guiada polo Museo Marco.

    As mulleres de Icíar Bollaín, protagonistas en Vigo: desde Trini e Niña ata Maixabel

    O programa Conecta Lab concentra na Illa de San Simón ás e aos cineastas Iria Sobrado, Alexandre Cancelo, Nacho Ozores, Lidia Fraga e Jacobo Díaz, Irene Pin e Dani Viqueira, que están a traballar nos seus proxectos audiovisuais de maneira persoal, acompañados/as por titores e titoras especializadas co fin de profundar nos diferentes aspectos artísticos e narrativos. Ademais, alí estanse a celebrar unha serie de encontros profesionais, mesas redondas, proxeccións e instalacións artísticas co obxectivo de xerar espazos de comunicación entre creadores e creadoras, formular temas de debate ou abordar aspectos innovadores da creación audiovisual. Ademais desta clase maxistral de Icíar Bollaín, na mesma Illa tamén se celebrou unha de Álvaro Vega e Óliver Laxe. Mañá domingo 16 de abril será a quenda de Carlos Marqués-Marcet (20.00 h) e este luns, 17 de abril, Pablo Martí (19.30 h). As dúas poderán seguirse online con inscrición previa na web de CREA (www.crea.gal) ou da Deputación de Pontevedra (www.depo.gal).

    43

    Tags: cineIcíar Bollaín

    RelacionadosArtículos

    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’
    Cine

    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’

    07 de Feb, 2026
    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    14 de Ene, 2026
    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Dos películas rodadas en Vigo y su área, de camino a los Goya

    13 de Ene, 2026
    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Una película rodada en Vigo se cuela en el top 10 de las cintas más taquilleras en España

    30 de Dic, 2025
    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano
    Cine

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano

    20 de Dic, 2025
    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla
    Cine

    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla

    17 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR