A pelicula, escrita e dirixida por Roi Cagiao e producida por Emilio J. Fernandez, pretende recuperar un episodio da historia galega e viguesa agazapado no subconsciente colectivo de moitos e descoñecido por outros.
A pertinencia dunha obra audiovisual en formato documental sobre estes feitos ven dada polo interese histórico e social dese momento. O proxecto conta co testemuño dos protagonistas dos feitos, entre os entrevistados figuran distintos dirixentes politicos e sindicais da época como Waldino Varela, Juan Benavides, Carlos Núñez (baixo estas liñas), Carlos Barros, Juan Bacariza, Francisco Lores e Rafael Pillado entre outros.
O documental conta coa colaboración do Foro pola Memoria de Galicia e a participación da Asemblea Republicana de Vigo e da Unión Comarcal de CCOO Vigo. Jose Gomez Alen e Alberto Alonso Gallego son os asesores historicos desta obra.