A intención é que tras a proxección do filme se abra un coloquio para xerar debate co público asistente, coa participación de Guillermo Presa, membro do observatorio para a defensa dous dereitos e liberdades.
A longametraxe ‘A cifra negra’ realiza unha panorámica da vulneración dos dereitos humanos por parte de funcionarios públicos en España a través dunha trintena de casos paradigmáticos e analiza o índice de impunidade deste tipo de delitos. Vítimas, avogados, xuíces, policías, defensores dos dereitos humanos e outros expertos analizan as súas causas e apuntan posibles vías de superación dunha secuela que pon en dúbida o noso Estado de dereito.
A película conta coa participación de Manuela Carmena, Joaquím Bosch e Rafael Ribó entre os personaxes entrevistados, e con actores como Willy Toledo, Isak Férriz e Gorka Lasaosa nas reconstrucións de feitos demostrados en sede xudicial.
A película gañou o 16º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de San Sebastián, inaugurou a última edición do BccN Barcelona Creative Commons Film Festival e participou na sección competitiva do Festival de Cinema e Dereitos Humanos de Barcelona.
Ademais, goza do apoio de Amnistía Internacional e a Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura e estase estreando en varios cines de toda España dende o pasado xoves 1 de marzo.