• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Os Concursos Universidade de Vigo’18 xa teñen gañadores

    Os estudantes do campus de Pontevedra copan, un ano máis, a maior parte dos premios
    Redacción por Redacción
    27 de Sep, 2018
    en Arte
    0

    En total entregáronse dez premios e a categoría dos traballos presentados levou ao xurado a conceder tamén catro accésits cos que recoñecer a valía daqueles proxectos que, pese a non ser premiados, teñen tamén un importante valor artístico. En total repartíronse entre todos os premiados e premiadas preto de 6 000 euros cos que agasallar ao alumnado con máis inquietudes artísticas e alentalos a non deixar nun caixón as súas ideas máis creativas.

    Marcos Covelo gaña o XVI Premio de Pintura
    O premio de pintura, valorado con 1500 euros, foi nesta ocasión para o estudante de doutoramento da Facultade de Belas Artes Marcos Covelo pola obra Sen título. “O meu traballo parte da utilización de variadas estratexias creativas relacionadas coa apropiación, a posprodución e a seriación”, explica o artista, que fai fincapé en que, desde o inicio da súa práctica artística busca e recompila imaxes a través dos medios de comunicación e rexistros propios que, de maneira sistemática, ordena e clasifica por grupos. “Máis tarde, todos estes rexistros son empregados como material de traballo na miña obra”, recalca. “Baséome precisamente en reciclar imaxes ou obxectos xa informados e introducilos nun novo contexto que mude ou contraste co significado oficial da fonte”, engade Covelo.

    Cristina Rubal e Arancha Álvarez, o XV Certame de Fotografía
    No caso do certame de fotografía repartíronse un total de catro premios. Na modalidade Serie o primeiro premio, dotado con 600 euros, foi para Cristina Rubal polo traballo Reflejos de Luz, un proxecto baseado na fotografía dixital de fragmentos de nus femininos en branco e negro como medio para transmitir diferentes emocións e sensacións. “É un traballo no que trato de romper coa clásica concepción do nu e deixar que o corpo se amose desde unha perspectiva máis desafiante”, explica a autora, estudante do Grao en Belas Artes. “Nas imaxes os corpos están en tensión e isto vese potenciado polo forte contraluz das imaxes, o que a priori no espectador provoca unha certa sensación de incerteza e dá renda solta para que faga as súas propias interpretacións”.

    No caso da modalidade de Fotografía Única o xurado outorgoulle o primeiro premio -400 euros- a Inocencia de Arancha Álvarez. Os segundos premios foron para Dennise Sánchez por Verde Monte Muerte, en serie fotográfica e Dimorfismo, de Anubis Muñoz, en categoría de fotografía única. 

    Múltiples galardóns nos XVI Premios de Creación Audiovisual
    En Creación Audiovisual convócanse premios en catro categorías: curta narrativa, documental, vídeo experimental e animación. En curta narrativa decidiuse premiar co primeiro premio -600 euros- o traballo Estatus, unha historia de ficción e fantasía, dirixida polo alumno de Comunicación Audiovisual Ricardo Araújo, cara máis visible dun equipo composto por nove estudantes desta titulación e protagonizada polos actores Fernando Tato, Susana Sampedro, Fran Paredes, Laura Ponte e Diego González. Premiada tamén no Festival FIC Bueu (Mellor curtametraxe de escolas e facultades 2018) a curta “conta a historia dunha familia poderosa que se ve obrigada a tomar unha decisión que pode marcar a súa posición dentro dunha sociedade distópica, gobernada por un sistema controlador, na que ninguén pode ocultar a característica máis esencial do seu ser, o seu estatus”.

    En Documental o primeiro premio foi para Metralla de Noemí Parga e declarouse deserto o segundo, ao igual que aconteceu co primeiro e segundo premio da categoría de animación, se ben o xurado decidiu outorgar un accésit ao traballo El pasillo de papel de Noa Castro, pola súa coherencia estética en relación aos referentes fundacionais da técnica de animación Pixilation, e outro a Hijo de la luna, realizado por un equipo de catro alumnos, e do que destacaron o tratamento do relato mediante os recursos visuais.

    Na modalidade experimental recibiu o primeiro premio En verso de Cristina Garre e quedou deserto o segundo. A maiores recibiron cadanseu accésit: Metamorphosis, de Isaac González e Alba Domínguez, “por expoñer a complexidade dun concepto difícil de definir ao través dunha lograda formación visual baseada na percepción emocional”, e Latexos, de Aitor Víctor Fernández, “pola capacidade de expoñer unha constante sorpresa na toma e pola presenza dun orixinal tratamento da luz”.

    Projets by Laura, en Maquetas de música
    No Premio de Maquetas de Música, que este ano acadou xa a súa décimo sexta edición, premiouse o traballo Projets by Laura, da estudante de Dereito Laura Cordeiro. “É un proxecto no que falo, en boa medida, de experiencias vividas maioritariamente hai dous anos: amor, ansiedade, un ano de estudos en Inglaterra… A inspiración veume, ademais de por historias que vivín en primeira persoa, por cousas que lle pasan ao meu círculo máis próximo e que me serven para crear unha historia e escribir a canción”, explica a estudante, ao que engade que espera, en non moito tempo, poder falar do seu propio álbum.

    premio2b
    premio3b
    premios1

    premios2c
    premios4
    premios5

    premios6

    43

    RelacionadosArtículos

    Y ahora tres días de huelga en Renfe: estas son las líneas y los horarios de servicios mínimos en Galicia
    Actualidad

    Y ahora tres días de huelga en Renfe: estas son las líneas y los horarios de servicios mínimos en Galicia

    08 de Feb, 2026
    Náutico de Vigo y Comisión Naval de Marín, vencedores de Trofeo Ría de Vigo para las clases dobles
    Deportes

    Náutico de Vigo y Comisión Naval de Marín, vencedores de Trofeo Ría de Vigo para las clases dobles

    08 de Feb, 2026
    Renfe mantiene la suspensión de regionales entre Vigo Guixar y Ourense, mientras reanuda el resto de servicios
    Local

    Renfe mantiene la suspensión de regionales entre Vigo Guixar y Ourense, mientras reanuda el resto de servicios

    08 de Feb, 2026
    El estrecho vínculo entre la perfección y la ansiedad
    Salud

    El estrecho vínculo entre la perfección y la ansiedad

    08 de Feb, 2026
    La Borrasca Marta pone en alerta los ríos: dos con aviso naranja en Vigo, uno en Redondela, Gondomar y Salvaterra
    Actualidad

    La Borrasca Marta pone en alerta los ríos: dos con aviso naranja en Vigo, uno en Redondela, Gondomar y Salvaterra

    08 de Feb, 2026
    Llega a juicio la redada en uno de los últimos clubs de alterne de Vigo: 19 mujeres sin Seguridad Social
    Sucesos

    Llega a juicio la redada en uno de los últimos clubs de alterne de Vigo: 19 mujeres sin Seguridad Social

    08 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR